Saltar ao contido

ADEOS 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ADEOS 1
Imaxe
 Instancia de
Características
 Impulsado por
 Tipo de órbita
 Tipo de órbita
Implicados
 Operador/a
 Fabricante
Datas
 Disolución / destrución
30 de xuño de 1997 Editar o valor en Wikidata
 Entrada en servizo
26 de novembro de 1996 Editar o valor en Wikidata
 Lanzamento
17 de agosto de 1996 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Sucedido por
Localización
 Lugar de saída
 País de orixe
Cifras e dimensións
 Custo
808.000.000 $ (1996)
986.000.000 $ (1996) Editar o valor en Wikidata
 Masa
   3.560 kg peso de lanzamento Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0dgq8m1 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

ADEOS 1, ou simplemente ADEOS (acrónimo de Advanced Earth Observation Satellite), renomeado como Midori (verde, en xaponés[1]) tras a súa posta en órbita, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 17 de agosto de 1996 mediante un foguete H-2 desde o Centro Espacial de Tanegashima.[2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

A misión de ADEOS 1 consistiu en facer observacións de cambios medioambientais na Terra. Foi inxectado nunha órbita heliosincrónica e rebautizado como Midori 1. Deseñado modularmente, o corpo principal medía 4 x 4 x 5 metros e o panel solar, unha vez despregado, medía 3 metros de ancho por 13 metros de longo. O satélite estabilizábase nos tres eixos mediante catro volantes de inercia e dous propulsores alimentados por hidracina. O coñecemento da actitude da nave proviña de dous magnetómetros e unha unidade de referencia inercial. O panel solar, composto por células de arseniuro de galio, alimentaba cinco baterías de níquel-cadmio cunha capacidade de 35 amperios-hora e proporcionando ata 4,5 kW de potencia a unha tensión de entre 34 e 52 voltios.[2][3][4]

Os datos do satélite enviábanse ben directamente a terra en banda S (cunha velocidade de subida de 500 bps e de baixada de 4 Mbps) ou banda X, ben indirectamente a través do satélite ETS-6 usando s banda Ka, cunha velocidade de 120 Mbps. Adeos 1 levaba a bordo grabadoras para almacenar os datos.[3][4]

ADEOS 1 deixou de funcionar o 30 de xuño de 1997, dous anos antes de cumprir a súa expectativa de vida, de tres anos. A falta de datos do dispersómetro NSCAT debido ao fin prematuro da misión foi compensada co lanzamento ex profeso do satélite QuikScat.[2][3]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

ADEOS 1 levaba oito instrumentos a bordo:[2][3][4]

  • OCTS (Ocean Color and Temperature Scanner)
  • AVNIR (Advanced Visible and Near-Infrared Radiometer)
  • NSCAT (NASA Scatterometer)
  • TOMS (Total Ozone Mapping Spectrometer)
  • POLDER (Polarization and Directionality of the Earth's Reflectances)
  • IMG (Interferometric Monitor for Greenhouse Gases)
  • ILAS (Improved Limb Atmospheric Spectrometer)
  • RIS (Retroreflector in Space)
  1. ↑ David Darling, David Darling (2012). "ADEOS (Advanced Earth Observing Satellite)" (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2012.
  2. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ADEOS 1 (Midori)" (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2012.
  3. 1 2 3 4 5 NASA (4 de novembro de 2011). "ADEOS" (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2012.
  4. 1 2 3 Mark Wade (2011). "ADEOS" (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]