Saltar ao contido

Aereogramme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aereogramme
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
Implicados
Datas
 Fundación / creación
1998 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1998 Editar o valor en Wikidata
 Descontinuación
2007 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Fontes e ligazóns
VIAF147372965 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01nr4yn Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: Aereogramme-35724372710 MySpace: aereogrammeofficial Bandcamp: aereogramme Last fm: Aereogramme Musicbrainz: 765e3c07-026f-46ad-9cbc-e06b6a2383f7 Songkick: 289239 Discogs: 171873 Allmusic: mn0000598649 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Aereogramme foi unha banda escocesa de rock alternativo/progresivo formada en abril de 1998. Estivo composta por Craig B. (voces, guitarra), Iain Cook (guitarra, programación), Campbell McNeil (baixo) e Martin Scott (batería). Antes de separarse no ano 2007 a banda editou catro álbums de estudio.

Formada en abril de 1998, a banda editou dous sinxelos de 7" en 1999 a través do seu propio selo Babi-Yaga e xirou durante ese ano con Low, Geneva e Snow Patrol. O grupo asinou co selo Chemikal Underground a principios do ano 2000.[1] Nese momento editaron dous EPs antes de lanzar o seu primeiro álbum, A Story in White, no 2001.[2] No ano 2003 seguiulle Sleep and Release e a banda cambiaríase ao selo Undergroove Records antes do lanzamento do seu terceiro álbum, Seclusion. O grupo volvería a asinar con Chemikal Underground en agosto do 2006.

O seu cuarto álbum, My Heart Has a Wish That You Would Not Go, foi editado en Europa e nos Estados Unidos o 29 de xaneiro do 2007, e no Xapón o 14 de outubro do 2006, e collía o seu título da novela The Exorcist. Nunha o cantante Craig B. revelou o longo espazo entre os lanzamentos debeuse parcialmente a que perdera a súa voz durante seis meses.

O 11 de maio do 2007 Aereogramme anunciou a súa disolución. A banda realizou o seu derradeiro concerto no Connect Festival en Inverary, Escocia o 31 de agosto dese ano.

Post-Aereogramme

[editar | editar a fonte]

Iain Cook e Craig B. formaron posteriormente a banda The Unwinding Hours, coa cal editaron un álbum do mesmo nome en febreiro do 2010.[3] Desde entón, Craig B. lanzou dous álbums en solitario co nome de A Mote of Dust[4] e dous álbums de música ambiental co nome de Slovenly Hooks.[5]

En 2011 Cook formou Chvrches con Martin Doherty (que traballou no último álbum de Aereogramme) e Lauren Mayberry.[6] Anteriormente, gravou, mesturou e masterizou o miniálbum de 2008 da banda escocesa de indie rock The Twilight Sad, Here, It Never Snowed. Afterwards It Did. O baixista Campbell McNeil tocou na canción de apertura dese álbum, "And She Would Darken the Memory".

Martin Scott traballa na actualidade coa banda escocesa Biffy Clyro como tour manager, e Campbell McNeil fai o mesmo traballo cos australianos The Temper Trap e con Chvrches.

Discografía

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
A Story in White2001Chemikal Underground
Sleep and Release2003Chemikal Underground
Seclusion2004Undergroove
My Heart Has a Wish That You Would Not Go2007Chemikal Underground, Sonic Unyon
  1. ↑ "Aereogramme | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-07-05.
  2. ↑ "CD REVIEWS: Rocket Science, Serial Joe, The Strokes and many more". web.archive.org. 2001-12-17. Archived from the original on 17/12/2001. Consultado o 2020-07-05.
  3. ↑ "The Unwinding Hours". Chemikal Underground Records (en inglés). Consultado o 2026-02-25.
  4. ↑ "A Mote Of Dust". A Mote Of Dust (en inglés). Consultado o 2026-02-25.
  5. ↑ "Slovenly Hooks". Slovenly Hooks (en inglés). Consultado o 2026-02-25.
  6. ↑ "Chvrches". www.soundonsound.com. Consultado o 2026-02-25.


Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]