Saltar ao contido

Amoco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Amoco
Imaxe
 Instancia de
Características
 Forma xurídica
 Industria
 Produto ou servizo
Implicados
 Fundador/a
 Propietario/a
BP Editar o valor en Wikidata
 Ten en propiedade
Datas
 Fundación / creación
1889 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1998 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Substitúe
 Premios e distincións
Silver Anvil Award (en) Traducir (1974)
Silver Anvil Award (en) Traducir (1972) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de formación
Whiting (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 País
Fontes e ligazóns
VIAF155936654 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0g5wf Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: Amoco Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Amoco Corporation, anteriormente Standard Oil Company of Indiana, foi unha empresa petroleira e petroquímica estadounidense fundada en 1889 para operar unha refinaría situada en Whiting (Indiana). Esta compañía absorbeu posteriormente a American Oil Company, fundada en Baltimore en 1910. Amoco foi totalmente adquirida por BP en 2000.

Standard Oil (Indiana) foi fundada en 1889 por John D. Rockefeller como parte do trust Standard Oil. A comezos do século XX, coincidindo coa expansión do automóbil, a compañía especializouse na produción de gasolina para vehículos particulares. En 1911, após a disolución do trust Standard Oil, a empresa xa tiña unha posición dominante no mercado da gasolina e do queroseno no Medio Oeste.

Nas décadas seguintes, Standard Oil (Indiana) ampliou a súa actividade mediante adquisicións. En 1919 comprou Dixie Oil of Louisiana e, en 1925, adquiriu Pan American Petroleum & Transport, o que lle permitiu reforzar o seu abastecemento e transporte de cru. En 1947 converteuse nunha das primeiras compañías en realizar perforacións mariñas no golfo de México. En 1956, as estacións de servizo de Pan American pasaron a empregar a marca Amoco.

En 1960, a compañía reorganizou as súas marcas: Standard Oil quedou reservada para o Medio Oeste, mentres que American Oil se empregou fóra desa rexión. A partir de entón desenvolveu unha expansión internacional, con actividades de exploración, produción ou venda en numerosos países. En América Latina operou na Arxentina, Bolivia e Venezuela e outros lugares

Desde 1971, todas as divisións da empresa pasaron a empregar a marca Amoco, En 1985, o nome oficial da compañía foi cambiado por Amoco Corporation.

Accidentes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Amoco Cadiz.

O 16 de marzo de 1978, o petroleiro Amoco Cadiz naufragou preto das costas da Bretaña, causando un dos maiores derrames de cru da historia. Máis dunha década despois, Amoco foi cominada a indemnizar ao estado francés cunha suma de 120 millóns de dólares por danos ecolóxicos.

O 21 de outubro de 1980, unha explosión nunha planta de Amoco en New Castle, Delaware matou seis persoas, causou danos valorados en 46 millóns de dólares e eventualmente produciu a perda de 300 empregos.

Fusión con BP

[editar | editar a fonte]

O 11 de agosto de 1998, Amoco anuncia a súa fusión con British Petroleum (BP) no que foi no seu momento a maior fusión empresarial do mundo. En 2000, a estratexia global de crecemento de BP eliminou o nome Amoco da súa razón social, aínda que mantivo a marca no mercado estadounidense.[1]

  1. ↑ Anuncian la fusión de dos gigantes petroleros[Ligazón morta] - Economía / Clarín.com, 12 de agosto de 1998 (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]