Axentes 355
| Axentes 355 | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||
Axentes 355[1] (en inglés: The 355) é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Simon Kinberg a partir dun guión de Theresa Rebeck e Kinberg, e unha historia orixinal de Rebeck. Está protagonizado por Jessica Chastain, Penélope Cruz, Fan Bingbing, Diane Kruger e Lupita Nyong'o como un grupo de espías internacionais que deben traballar xuntas para impedir a terceira guerra mundial. Édgar Ramírez e Sebastian Stan compoñen o resto do elenco principal. O título do filme deriva de Agent 355, o nome en clave dunha muller espía para o bando patriótico durante a Revolución Americana.[2]
Estreouse en galego a través de Amazon Prime Video, sendo o primeiro filme dobrado ao galego da plataforma.[3] Tamén conta coa opción de subtitulado en galego. Foi traducido por María Luísa Lage e o director de dobraxe foi Julio Lorenzo.[4]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jessica Chastain como oficial da CIA Mason "Mace" Browne
- Voz da dobraxe galega de Montserrat Davila.[4]
- Penélope Cruz axente Graciela Rivera
- Voz da dobraxe galega de Natalia García.[4]
- Fan Bingbing como axente Lin Mi Sheng
- Voz da dobraxe galega de Cristal Álvarez.[4]
- Diane Kruger como axente Marie Schmidt
- Voz da dobraxe galega de Antía Álvarez.[4]
- Lupita Nyong'o como axente Khadijah Adiyeme
- Voz da dobraxe galega de Susana Léis.[4]