Saltar ao contido

Benjamin Rush

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Biografíadoutor Editar o valor en Wikidata
Benjamin Rush

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xaneiro de 1746 Editar o valor en Wikidata
Byberry Editar o valor en Wikidata
Morte19 de abril de 1813 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Filadelfia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteTifo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChrist Church Burial Ground (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Princeton
Universidade de Edimburgo
West Nottingham Academy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseJohn Redman (pt) Traducir, Joseph Black e William Cullen Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímico, médico, profesor universitario, psiquiatra, escritor, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Pensilvania Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresSamuel Finley, Joseph Black e William Cullen Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoJames Woodhouse (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJulia Stockton Rush Editar o valor en Wikidata
FillosRichard Rush Editar o valor en Wikidata
IrmánsJacob Rush Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Rush, Benjamin)
The New Student's Reference Work, (sec:Rush, Benjamin)
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1751009 WikiTree: Rush-91 Find a Grave: 915 Editar o valor en Wikidata

Benjamin Rush, nado o 4 de xaneiro de 1746 e finado o 19 de abril de 1813, foi un médico, cirurxián e político estadounidense. Foi un dos asinantes da Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América. Foi un líder na comunidade de Filadelfia, e tamén foi un pioneiro da psiquiatría nos Estados Unidos de América, reformador social, humanista e educador. Fundou o Dickinson College e foi profesor de medicina e química na Universidade de Pensilvania. Rush tamén foi o cirurxián xeral (Surgeon General) do Exército Continental.[1] [2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Vida temperá

[editar | editar a fonte]

Rush naceu e creceu en Filadelfia, e foi á universidade no College of New Jersey (agora Princeton University). Recibiu formación médica en Europa e obtivo un título pola Universidade de Edimburgo. Rush volveu ás colonias americanas. Converteuse en profesor no College of Philadelphia (agora Universidade de Pensilvania). Rush tiña unha práctica médica e rescatou a American Philosophical Society.[3] Entre as súas publicacións destaca o primeiro libro de texto estadounidense de Química.[4]

Época revolucionaria

[editar | editar a fonte]

Rush foi alguén moi activo politicamente. Formou parte dos Fillos da Liberdade (Sons of Liberty), aconsellou a Thomas Paine, quen escribiu Common Sense. Asinou a Declaración de Independencia e representou a Filadelfia na Convención constitucional.[5]

Rush tamén axudou como médico nas batallas da Guerra de Independencia dos Estados Unidos. Rush deu unhas instrucións para manter os soldados sans, e o exército estadounidense utilizou estas directrices até 1908.[6] Porén, tamén entrou en polémicas. Rush enviou dúas cartas criticando a George Washington. Rush escribiu que os exércitos estaban desordenados baixo o mando de Washington. Rush dimitiu en 1778 e máis tarde lamentou as súas cartas.[4]

Vida posterior

[editar | editar a fonte]

Despois da Guerra Revolucionaria, Rush traballou no Hospital de Pensilvania. Foi o director da Casa da Moeda dos Estados Unidos de 1797 a 1813. Converteuse en membro da Academia Americana de Artes e Ciencias en 1788.[7] Rush volveu á Universidade de Pensilvania como profesor de Medicina, e tivo como alumno a William Henry Harrison. En 1773 fundou o Dickinson College. Durante a epidemia de febre amarela de Filadelfia de 1793 estivo atendendo pacientes. Tamén foi un dos fundadores da Pennsylvania Prison Society.[8] Rush preparou a Meriwether Lewis para a parte médica da expedición de Lewis e Clark.[9]

Rush foi un reformador en moitos aspectos. Opúxose á escravitude, falando publicamente contra o tráfico de escravos e argumentaba que os afroamericanos e os europeos e americanos de orixe europea eran iguais.[10] Tamén se opuxo á pena de morte / pena capital. Cría que o castigo dos criminais debería ser privado e sostiña que a pena de morte ía en contra da razón e da felicidade.[11] Rush tamén foi un pioneiro do feminismo, apoiou a educación das mulleres, fundou a Young Ladies' Academy of Philadelphia e contribuír aos ideais da Republican Motherood.[12]

A Medicina nos séculos XVIII e XIX non estaba moi avanzada, e Benjamin Rush apoiou a medicina heroica. Isto incluía cousas como a flebotomía (hoxe sábese que é perigoso)[13] e houbo xente que o criticou por iso.

Tamén escribiu informes de casos sobre enfermidades infecciosas como o dengue[14] e cría que a negrura era unha condición ou doenza da pel curable (hoxe tamén demostrado falso, como moitos outros prexuízos racistas).[15] Porén, Benjamin Rush defendía firmemente a igualdade de todos os seres humanos e estudou a saúde dos nativos americanos e as causas polas que contraían certas enfermidades.[16] Reseñou o caso de Thomas Fuller, coñecido como "Tom o negro" nas cartas de Rush, e "Virginia Calculator" pola súa extraordinaria capacidade para resolver problemas de cálculo, e foi un dos primeiros casos rexistrados de síndrome savant na literatura médica. Rush describiu a sorprendente capacidade de Fuller para calcular sen ter recibido ningunha educación ou formación en matemáticas. A súa habilidade foi utilizada como proba de que os afroamericanos escravos eran iguais aos brancos en termos de intelixencia, algo que reforzou o discurso pro-abolicionista.

Benjamin Rush tamén fixo moito no eido da saúde mental e é considerado o "pai da psiquiatría nos Estados Unidos de América".[17] Chegou a utilizar o mercurio para tratar algúns problemas mentais. Desenvolveu a terapia ocupacional e clasificou diversos trastornos mentais. Tratou a adicción como unha doenza médica e non como un pecado, nun momento en que a maioría da xente tiña malas opinións sobre os enfermos mentais, e defendeu que os enfermos mentais non eran "animais inhumanos".[18] [19]

Pasamento

[editar | editar a fonte]

Rush morreu de tifo en 1813. Foi enterrado no cemiterio da Christ Church en Filadelfia.

  1. ↑ Renker, Elizabeth M. (1989). "'Declaration-Men' and the Rhetoric of Self-Presentation". Early American Literature. 24 (2): 123 and n. 10 there. JSTOR 25056766.
  2. ↑ "Benjamin Rush". archives.upenn.edu.
  3. ↑ Bell, Whitfield J., and Charles Greifenstein, Jr. Patriot-Improvers: Biographical Sketches of Members of the American Philosophical Society. 3 vols. Philadelphia: American Philosophical Society, 1997.
  4. 1 2 Binger, Carl (1966). Revolutionary Doctor / Benjamin Rush (1746–1813). Nova York: Norton & Co.
  5. ↑ "Signers of the Declaration of Independence: Benjamin Rush". www.ushistory.org (en inglés). Consultado o 2023-06-29.
  6. ↑ Rush, Benjamin (1808). Directions for preserving the health of soldiers : addressed to the officers of the Army of the United States. Philadelphia: Thomas Dobson.
  7. ↑ "Signers of the Declaration of Independence: Benjamin Rush". www.ushistory.org (en inglés). Consultado o 2023-06-29.
  8. ↑ "About; index". PrisonSociety.org. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2008. Consultado o 29 de xuño de 2023.
  9. ↑ Woodger, Elin; Toropov, Brandon (2009). Encyclopedia of the Lewis and Clark Expedition. Infobase Publishing. pp. 304–06. ISBN 9781438110233.
  10. ↑ D'Elia, Donald J (1969). "Dr. Benjamin Rush and the Negro". Journal of the History of Ideas. 30 (3): 413–22. doi:10.2307/2708566
  11. ↑ "Amendment VIII: Benjamin Rush, On Punishing Murder by Death". press-pubs.uchicago.edu. Consultado o 2023-06-29.
  12. ↑ Straub, Jean S (1987). "Benjamin Rush's View on Women's Education". Pennsylvania History. 34 (2): 147–57.
  13. ↑ Rush, Benjamin (1815). "A Defence of Blood-letting, as a Remedy for Certain Diseases". Medical Inquiries and Observations. 4.
  14. ↑ Rush, Benjamin, M.D. (1794). An account of the bilious remitting fever, as it appeared in Philadelphia in the year 1793. Philadelphia, Pa.: Thomas Dobson.
  15. ↑ Rush, Benjamin (1799). "Observations Intended to Favour a Supposition That the Black Color (As It Is Called) of the Negroes Is Derived from the Leprosy". Transactions of the American Philosophical Society. 4: 289–297. doi:10.2307/1005108
  16. ↑ J. Kunitz; Benjamin Rush (1970). "Benjamin Rush on Savagism and Progress Stephen". Ethnohistory. Duke University Press. 17 (1/2): 31–42. JSTOR 481523.
  17. ↑ Shorter, Edward (1997). A History of Psychiatry: From the Era of the Asylum to the Age of Prozac. Wiley.
  18. ↑ "Rush, Benjamin. Medical Inquiries and Observations, Upon the Diseases of the Mind: Philadelphia: Published by Kimber & Richardson, no. 237, Market Street; Merritt, printer, no. 9, Watkins Alley, 1812". Their Own Words. Carlisle, Pennsylvania: Dickinson College. 17 de xullo de 2003. OCLC 53177922. Arquivado do orixinal do 7 de xaneiro de 2004.
  19. ↑ Elster, Jon (1999). Strong Feelings: Emotion, Addiction, and Human Behavior. MIT Press. p. 131. ISBN 978-0-262-55036-9.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]