As únicas materias ás que Billy, herdeiro do Madison Hotel, adicou o seu tempo foron as mozas e o alcohol. Para el, a vida foi unha festa continua durante os dez anos transcorridos dende que acabou o colexio. Mais cando Brian Madison informa ó seu irresponsable fillo de que pensa poñer a súa millonaria empresa a nome do cobizoso vicepresidente Eric Gordon, Billy vai a por todas. Retoma os seus estudos dende o comezo para conseguir un título en 24 semanas.