Caín
| Caín | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||||||
|
Parte de
| |||||||||||||
|
Semellante a
| |||||||||||||
| Obra | |||||||||||||
|
Presente na obra
| |||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||
|
Data de nacemento
| |||||||||||||
|
Data de falecemento
| |||||||||||||
|
Sexo
| |||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||
|
Ocupación
| |||||||||||||
|
Residencia
| |||||||||||||
|
Participou en
| |||||||||||||
| Familia | |||||||||||||
|
Nai
| |||||||||||||
|
Pai
| |||||||||||||
|
Cónxuxe
| |||||||||||||
|
Fillo/a
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||
Segundo a Xénese (o primeiro libro da Biblia) Caín foi o primoxénito de Adán e Eva, o primeiro ser humano nado fóra do Paraíso e o primeiro fundador dun asentamento humano.[1]
Na Biblia
[editar | editar a fonte]Segundo a Biblia, Adán e Eva concibiron a Caín despois de ser desterrados do Paraíso por Deus por mor a que desobedeceran a súa orde de non comer da Árbore da Ciencia do Ben e o Mal.[2] Despois de Caín, concibiron a outro home, o seu irmán Abel.
Caín dedicouse á agricultura, mentres que o seu irmán, máis novo, ao pastoreo. Segundo o relato bíblico estes irmáns presentaron os seus sacrificios a Deus nos seus respectivos altares; ao velos, Deus preferiu a ofrenda de Abel (dos primoxénitos das súas ovellas) antes que a de Caín (os froitos da terra), quen toleou de celos e matou o seu irmán.[3] Ao ser interrogado por Deus sobor do paradoiro do seu irmán, Caín responde «Seica son eu o custodio do meu irmán?». Sabendo Deus o que ocorrera, castigou a Caín condenándoo a vagar pola terra, porén colocoulle unha marca particular para preservar a súa vida ante os habitantes da terra. Na súa peregrinación Caín chegou á terra de Nod onde edificou a primeira cidade á cal chamou Enoc, polo nome do seu fillo.
Nomes
[editar | editar a fonte]Caín e Abel son traducións dos nomes hebraicos קַיִן / קָיִן e הֶבֶל / הָבֶל,respectivamente. Na transliteración moderna do hebraico estándar, escríbense Qáyin e Hével (ou Hável), mentres que en hebraico tiberiano escríbense Qáyin (ou Qāyin) e Héḇo (ou Hāḇo). O Corán fala de Caín ( Qâbîl) e de Abel ( Hâbîl) como “os fillos de Adán”. Sería a tradición posterior a que introduciría os seus nomes propios. Dedícalles apena seis versículos (5,27-32), onde narra o fratricidio referido pola Biblia.

Literatura
[editar | editar a fonte]Manuel Vicent escribiu a novela Balada de Caín que recibiu o Premio Nadal en 1986. Nesta obra Caín é narrador e protagonista.
O autor portugués, José Saramago, escribiu unha novela narrando a historia de Caín desde a súa perspectiva persoal de como sucederon os feitos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Iglesia-de-Cristo.org (texto completo da Xénese; véxase capítulo 4: «O home coñeceu a Eva a súa dona, a cal concibiu e deu a luz a Caín»).
- ↑ Iglesia-de-Cristo.org (texto completo da Xénese; véxase final do capítulo 3 [21-24]).
- ↑ Xénese 4, 9