Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Corvo »)
«Corvo» redirixe aquí. Para outras páxinas con títulos homónimos, véxase
Corvo (homónimos) .
Corvus
Instancia de
Medio usado
Lista do elemento
Categoría taxonómica
Lonxitude
27 in
17,5 in
Data de comezo
hai 17 millóns de anos
Wikidata G:Commons C:Commons
Corvus é un xénero de aves da orde das paseriformes , o tipo da familia dos córvidos . O xénero comprende máis de 40 especies distribuídas por todos o continentes , agás en Suramérica e nalgunhas illas oceánicas, e que son coñecidas vulgarmente, na súa maioría, como corvos ,[ 1] pero outras tamén co nome de grallas .[ 2]
As especies deste xénero parece que evolucionaron en Asia Central , desde onde estenderon o seu territorio a Norteamérica (incluído México ), África , Europa e Australia .[ 3]
Para seren paxaros , son aves grandes ou medianas, oscilando o seu tamaño, desde as máis pequenas, desde a gralla cereixeira (hoxe clasificada como Coloeus monedula , que é do tamaño dunha pomba ), até o corvo grande da rexión holártica , que mide entre os 52 e os 69 cm de lonxitude e pesa desde os 0,69 aos 1,7 kg.
As especies de Corvus son todas de cor negra ou negra cunha pquena parte da súa plumaxe gris ou branca. Son repoludos, e teñen peteiros grosos e fortes patas .
O seu dimorfismo sexual é moi escaso.[ 4]
Investigacións recentes descubriron que algunhas especies de corvos son quen de empregar ferramentas para diferentes usos.[ 5] Ademais, son considerados uns dos animais máis espelidos da terra,[ 6] cun coeficiente intelectual semellante ao que amosan certos primates .[ 7]
Na actualidae, dentro do xénero recoñécense as seguintes especies :[ 10] [ 11]
Corvus albicollis Latham, 1790
Corvus albus Statius Muller, 1776
Corvus bennetti North, 1901
Corvus brachyrhynchos C. L. Brehm, 1822
Corvus capensis Lichtenstein, 1823
Corvus caurinus S. F. Baird, 1858
Corvus corax Linnaeus, 1758
Corvus cornix Linnaeus, 1758
Corvus corone Linnaeus, 1758
Corvus coronoides Vigors & Horsfield, 1827
Corvus crassirostris Rüppell, 1836
Corvus cryptoleucus Couch, 1854
Corvus culminatus Sykes, 1832
Corvus edithae Lort Phillips, 1895
Corvus enca (Horsfield, 1821)
Corvus florensis Büttikofer, 1894
Corvus frugilegus Linnaeus, 1758
Corvus fuscicapillus G. R. Gray, 1859
Corvus hawaiiensis Peale, 1848
Corvus imparatus J. L. Peters, 1929
Corvus insularis Heinroth, 1903
Corvus jamaicensis Gmelin, 1788
Corvus kubaryi Reichenow, 1885
Corvus leucognaphalus Daudin, 1800
Corvus levaillantii Lesson, 1831
Corvus macrorhynchos Wagler, 1827
Corvus meeki Rothschild, 1904
Corvus mellori Mathews, 1912
Corvus minutus Gundlach, 1852
Corvus moneduloides Lesson, 1831
Corvus nasicus Temminck, 1826
Corvus orru Bonaparte, 1850
Corvus ossifragus A. Wilson, 1812
Corvus palmarum Württemberg, 1835
Corvus rhipidurus Hartert, 1918
Corvus ruficollis Lesson, 1831
Corvus sinaloae L. I. Davis, 1958
Corvus splendens Vieillot, 1817
Corvus tasmanicus Mathews, 1912
Corvus torquatus Lesson, 1831
Corvus tristis Lesson & Garnot, 1827
Corvus typicus (Bonaparte, 1853)
Corvus unicolor (Rothschild & Hartert, 1900)
Corvus validus Bonaparte, 1850
Corvus violaceus Bonaparte, 1850
Corvus woodfordi (Ogilvie-Grant, 1887)
↑ corvo no Dicionario da RAG .
↑ gralla, 1ª acepción no Dicionario da RAG .
↑ Barker, F. K.; Cibois, A.; Schikler, P.; Feinstein, J.; Cracraft, J. (2004). "Phylogeny and diversification of the largest avian radiation" . Proceedings of the National Academy of Sciences 101 (30): 11040–5. Bibcode :2004PNAS..10111040B . PMC 503738 . PMID 15263073 . doi :10.1073/pnas.0401892101 .
↑ Holyoak, David T. (1986): Enciclopedia Natura de los Animales . Volume 4. Barcelona: Editorial Orbis S. A. ISBN 84-7634-548-8 , páxina 443.
↑ Winkler, Robert (8 de agosto de 2002). "Crow Makes Wire Hook to Get Food" . National Geographic . Consultado o 6 de febreiro de 2011 .
↑ PBS video, ed. (24 de outbro de 2010). "A Murder of Crows" . Nature . Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2012. Consultado o 6 de febreiro de 2011 . New research indicates that crows are among the brightest animals in the world.
↑ "Crows as Clever as Great Apes, Study Says" . National Geographic News . NG Society. 9 December 2004. Consultado o 9 de abril de 2019 . Emery and Clayton write, «These studies have found that some corvids are not only superior in intelligence to birds of other avian species (perhaps with the exception of some parrots), but also rival many nonhuman primates.»
↑ páxina 105 .
↑ Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis, Tomus I. Editio decima, reformata. Holmiæ : impensis direct. Laurentii Salvii .
↑ Corvus Linnaeus 1758 en Familia Corvidae , na IOC World Bird List. Version 9.1 (2019), do Congreso Ornitolóxico Internacional .
↑ Corvus Linnaeus, 1758 no ITIS .
Burton, Maurice; Burton, Robert (2002). "Crow" . The international wildlife encyclopedia, Volume 10 . Marshall Cavendish. ISBN 978-0-7614-7266-7 .
Gill, B. J. (2003). "Osteometry and Systematics of the Extinct New Zealand Ravens (Aves: Corvidae: Corvus)" . Journal of Systematic Palaeontology 1 : 43–58. doi :10.1017/S1477201903001019 . Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2016. Consultado o 14 March 2008 .
Goodwin, D. (1983). Crows of the World . Queensland University Press. ISBN 978-0-7022-1015-0 .
Heinrich, Bernd (1991). Ravens in Winter . Vintage Press. ISBN 978-0-6797-3236-5 .
Heinrich, Bernd (1999). Mind of the Raven: Investigations and Adventures with Wolf-Birds . Cliff Street Books. ISBN 978-0-0609-3063-9 .
Kilham, Lawrence (1991). The American Crow and the Common Raven . Texas A&M University Press. ISBN 978-0-8909-6466-8 .
Madge, Steve; Burn, Hillary (1994). Crows and jays: a guide to the crows, jays, and magpies of the world . Houghton Mifflin. ISBN 978-0-3956-7171-9 .
Westerfield, Michael (2011). The Language of Crows: The crows.net Book of the American Crow . Ashford Press. ISBN 978-0-9379-9200-5 .
Worthy, Trevor H.; Holdaway, Richard N. (2002). The Lost World of the Moa: Prehistoric Life of New Zealand . Indiana University Press. ISBN 978-0-2533-4034-4 .