Saltar ao contido

Delta 4000

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Delta 4000
 Nome orixinal
    Delta 4000 (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Implicados
 Fabricante
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Freebase/m/05h2lpz Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Delta 4000 foi o nome dunha serie de foguetes espaciais dos Estados Unidos en servizo ao final da década de 1980. A serie 4000 componse dun único modelo, o Delta 4925, segundo o sistema de numeración seguido pola familia de foguetes Delta.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

O Delta 4925 usaba nove foguetes aceleradores de propelente sólido Castor 4A, máis potentes que os aceleradores das versións anteriores de foguetes Delta. A primeira etapa usaba un motor RS-27, mentres que a segunda usaba un motor AJ10-118K. Como terceira etapa usaba unha etapa de propelente sólido PAM-D cun motor Star 48B.[1][2][3]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]

Delta 4925

[editar | editar a fonte]
Voo[2][3] Data[2][3] Rampla de lanzamento[2][3] Carga[2][3] Resultado[2][3] Notas[2][3]
D-187 27 de agosto de 1989 Rampla LC-17B de Cabo Cañaveral Marco Polo 1 Éxito Primeiro voo.
D-196 12 de xuño de 1990 Rampla LC-17B de Cabo Cañaveral Insat 1D Éxito Último voo dun Delta 4925.
  1. 1 2 Mark Wade (2011). "Delta 4000" (en inglés). Consultado o 23 de xuño de 2012.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Delta-4925" (en inglés). Consultado o 23 de xuño de 2012.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "Delta 4925-8" (en inglés). Consultado o 23 de xuño de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]