Saltar ao contido

Dermatofitose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dermatofitose
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
tinea (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Causado por
Características
 Especialidade médica
 Fármacos para tratamento
Fontes e ligazóns
Freebase/m/023yjf Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC26745 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB17492 Editar o valor en Wikidata
CIE-111802307036 Editar o valor en Wikidata
CIE-10B35.9 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus001439 Editar o valor en Wikidata
eMedicine787217 Editar o valor en Wikidata
KEGGH01316 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

As dermatofitoses ou tiña[1] son infeccións fúnxicas da pel.[2] As descricións da doenza remóntanse á Idade Antiga.[3]

Síntomas

[editar | editar a fonte]

Normalmente producen pel vermella e escamenta, proído e erupcións circulares. A perda de cabelo pode ocorrer na zona afectada. Os síntomas comezan entre 4 e 14 días despois da exposición ao fungo. A condición pode afectar varias áreas da pel ao mesmo tempo.[4]

Fungo dermatófito

A dermatofitose pode ser causada por preto de 40 fungos diferentes. Os máis comúns son os dos xéneros Trichophyton, Microsporum ou Epidermophyton.[2]

Factores de risco

[editar | editar a fonte]

Entre os factores de risco están o uso de vestiarios públicos, deportes de contacto como a loita, a sudación excesiva, o contacto con animais, a obesidade e a inmunodeficiencia.[5] [4]

Transmisión

[editar | editar a fonte]

As infeccións poden transmitirse por outros animais ou entre persoas.[5] En moitos casos, o diagnóstico baséase na aparencia da pel e os síntomas. O diagnóstico pódese confirmar mediante cultivo microbiolóxico ou observación microscópica dunha mostra de pel.[6]

Prevención

[editar | editar a fonte]

A prevención consiste en manter a pel seca, non andar descalzo en lugares públicos e non compartir obxectos persoais.[5]

Tratamento

[editar | editar a fonte]

O tratamento normalmente consiste na aplicación de pomadas antifúnxicas como clotrimazol ou miconazol. Cando a enfermidade afecta o coiro cabeludo, poden ser necesarios antifúnxicos orais como o fluconazol.[7]

Prevalencia

[editar | editar a fonte]

En todo o mundo, cerca do 20% da poboación está infectada con dermatofitose nun momento dado.[8] As infeccións da ingua son máis comúns nos homes, mentres que as infeccións do corpo e do coiro cabeludo afectan a ambos os sexos por igual. As infeccións do coiro cabeludo son máis comúns en nenos, mentres que as infeccións da ingua son máis comúns entre os anciáns.[4]

  1. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tiña.
  2. 1 2 "Definition of Ringworm". 6 de dezembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2016. Consultado o 5 de setembro de 2016.
  3. ↑ L., Jean (2012). Dermatology (en inglés). p. 1255. ISBN 978-0702051821. Arquivado dende o orixinal o 2016-09-15.
  4. 1 2 3 J., Frank (2013). The 5-Minute Clinical Consult 2014 (en inglés). p. 1226. ISBN 9781451188509. Arquivado dende o orixinal o 2016-09-15.
  5. 1 2 3 "Ringworm Risk & Prevention". 6 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 7 de setembro de 2016. Consultado o 5 de setembro de 2016.
  6. ↑ "Diagnosis of Ringworm". cdc.gov. 6 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 8 de agosto de 2016. Consultado o 5 de setembro de 2016.
  7. ↑ "Treatment for Ringworm". 6 de dezembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2016. Consultado o 5 de setembro de 2016.
  8. ↑ Mahmoud A. Ghannoum; John R. Perfect (24 de novembro de 2009). Antifungal Therapy. p. 258. ISBN 978-0-8493-8786-9. Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.