Saltar ao contido

Element

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Element
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
 Texto lema
Own your conversations. (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Formato de distribución
 Linguaxe de programación
 Sistema operativo
 Plataforma
 Licenza
 Dispositivo de entrada
Implicados
 Desenvolvedor/a
Historia
 Versións
1.11.97-rc.0 versión beta (1 de abril de 2025) Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Twitter: element_hq Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Element (mensaxería instantánea), antes coñecido como Riot.im, é un cliente de mensaxería instantánea de código aberto baseado no protocolo Matrix. Element é software libre, inicialmente distribuiuse baixo a licenza Apache 2.0. e actuamente con AGPLv3 e GPLv3. Emprega un protocolo federado, o que permite aos usuarios escoller un servidor no que rexistrar unha conta e conectarse. Ademais, Element admite cifrado de extremo a extremo, grupos, canles e compartir ficheiros entre usuarios.[1][2] Está dispoñible como aplicación web, como aplicación de escritorio para os principais sistemas operativos e como aplicación móbil para Android, iOS e F-Droit.[3] A empresa New Vector Limited é o principal responsable do seu desenvovemento e tamén participa no desenvolvemento do protocolo Matrix.[4] [5]

Cando saíu da súa versión beta en xuño de 2016, Element coñeceuse coa denominación Vector.[6][7][8] A aplicación mudou de nome a Riot en setembro dese mesmo ano.[9]

En novembro de 2016 implementouse e lanzouse, como versión beta para os usuarios, a primeira implementación do cifrado de extremo a extremo de Matrix.[10] En maio de 2020 os desenvolvedores anunciaron a activación do cifrado de extremo a extremo por defecto en Riot para as novas conversas non públicas.[11]

En abril de 2019, despois de que as claves criptográficas empregadas para asinar a aplicación Riot para Android quedasen comprometidas, lanzouse unha nova aplicación en Google Play Store.[12] En xullo de 2020, Riot cambiou de nome a Element.[13]

En xaneiro de 2021, Element foi suspendida brevemente da Google Play Store en resposta a un informe de contido abusivo enviado por usuarios do seu servidor predeterminado: matrix.org.[14][15] O persoal de Element corrixiu o problema e a aplicación volveu estar dispoñible na plataforma.[16]

En maio de 2023, o goberno da India prohibiu 14 aplicacións de mensaxería, incluída Element. A prohibición aprobouse por recomendación do Ministerio do Interior, citando o terrorismo en Jammu e Caxemira como principal causa.[17]

En 2026, a organización Element tiña a súa sede no Reino Unido, rexistrada legalmente como Element Creations Ltd, e tiña as entidades xurídicas asociadas Element Software GmbH en Alemaña, Element Software SARL en Francia e Element Software Inc nos Estados Unidos.[18]

Tecnoloxía

[editar | editar a fonte]

Element está construído co Matrix React SDK,[19] que é un kit de desenvolvemento de software baseado en React para facilitar o desenvolvemento de clientes de Matrix. Element depende de tecnoloxías web e usa Electron para empaquetar a aplicación para Windows, macOS e Linux. Os clientes de Android e iOS desenvólvense e distribúense coas ferramentas da súa respectiva plataforma.

Na súa versión Android a aplicación está dispoñible tanto na Google Play Store[20] como en F-Droid[21], en formato exclusivo de software libre e con pequenas modificacións. Por exemplo, a versión de F-Droid non inclúe o complemento propietario Google Cloud Messaging.[22]

Características

[editar | editar a fonte]

Element admite cifrado de extremo a extremo,[23] grupos privados e públicos, compartir ficheiros entre usuarios, chamadas de voz e vídeo, así como outras funcións colaborativas coa axuda de bots e widgets. Está dispoñible como unhas aplicación web á que se pode acceder desde calquera navegador web, coas aplicacións de escritorio para Windows, Mac e Linux, así como con aplicacións móbiles para Android e iOS.[2][24] Element cambiou a súa licenza de Apache 2.0 a AGPLv3 e GPLv3 cun acordo de licenza de contribuíntes (CLA) e cunha licenza comercial de Element separada.[25][26]

  1. ↑ "Riot-im". Free Software Directory. Arquivado dende o orixinal o 04/09/2018. Consultado o 23/05/2026.
  2. 1 2 "Element features". element.io (en inglés). Consultado o 2026-05-23.
  3. ↑ "Download Element". element.io (en inglés). Consultado o 2026-05-23.
  4. ↑ Butcher, Mike (2016-09-19). "Riot wants to be like Slack, but with the flexibility of an underlying open source platform". TechCrunch (en inglés). Consultado o 2026-05-22.
  5. ↑ Willis, Nathan (2015-02-11). "Matrix: a new specification for federated realtime chat". LWN.net (en inglés). Consultado o 2026-05-23.
  6. ↑ Butcher, Mike (2016-09-19). "Riot wants to be like Slack, but with the flexibility of an underlying open source platform". TechCrunch (en inglés). Consultado o 2026-05-23.
  7. ↑ Brien, Jörn (2016-09-21). "Open Source und verschlüsselt: Das steckt hinter dem Slack-Rivalen Riot | t3n". t3n Magazin (en alemán). Consultado o 2026-05-23.
  8. ↑ Riot.im (2016-06-17). "Say Hello To Vector!". Medium (en inglés). Consultado o 2026-05-23.
  9. ↑ "Let’s Riot!". Medium. Consultado o 12/05/2026.
  10. ↑ Riot.im (2017-01-30). "Riot releases end-to-end encryption: get ready to chat securely!". Medium (en inglés). Consultado o 2026-05-23.
  11. ↑ "Riot Web 1.6, RiotX Android 0.19 & Riot iOS 0.11 — E2E Encryption by Default & Cross-signing is here!!". Element Blog. 2020-05-06. Consultado o 2026-05-23.
  12. ↑ "Riot.im Android security update". Medium. Consultado o 2026-05-23.
  13. ↑ "Welcome to Element!". Element Blog. 2020-07-15. Consultado o 2026-05-23.
  14. ↑ "Welcome to Element!". Element Blog. 2020-07-15. Consultado o 2026-05-23.
  15. ↑ Amadeo, Ron (2021-01-30). "Google Play bans open source Matrix client Element, citing “abusive content” [Updated]". Ars Technica (en inglés). Consultado o 2026-05-23.
  16. ↑ Davenport, Corbin (2021-01-31). "Google reinstates federated chat app Element on Play Store after wrongful removal". Android Police (en inglés). Consultado o 2026-05-23.
  17. ↑ Sharwood, Simon (2023-05-09). "India bans open source messaging apps on security grounds". theregister (en inglés). Consultado o 2026-05-23.
  18. ↑ "Element | Company Information | Impressum". element.io (en inglés). Consultado o 2026-05-23.
  19. ↑ "element-hq/element-web". 2026-05-24. Consultado o 2026-05-24.
  20. ↑ "Element Classic - Apps en Google Play". play.google.com. Consultado o 2026-05-24.
  21. ↑ "Element Classic | F-Droid - Free and Open Source Android App Repository". f-droid.org (en inglés). Consultado o 2026-05-24.
  22. ↑ "FAQ". matrix.org (en inglés). Consultado o 2026-05-24.
  23. ↑ "End-to-end encryption (E2EE) | Collaboration and messaging". element.io (en inglés). Consultado o 2026-05-24.
  24. ↑ "Element Classic | F-Droid - Free and Open Source Android App Repository". f-droid.org (en inglés). Consultado o 2026-05-24.
  25. ↑ "element-hq/element-web". 2026-05-24. Consultado o 2026-05-24.
  26. ↑ Speed, Richard (2023-11-06). "Matrix-based Element plots move from Apache 2.0 to AGPLv3". theregister (en inglés). Consultado o 2026-05-24.