Euplotes
| Euplotes | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
|
Subdivisións
Moitas, incluíndo:
| |||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||
Euplotes é un xénero de ciliados da subclase Euplotia. As especies están amplamente distribuídas e ambientes mariños e de auga doce, e tamén en solos e sobre musgos. A maioría dos membros do xénero son de vida libre, pero dúas especies son organismos comensais no tracto dixestivo de ourizos de mar.[1][2]
Descrición
[editar | editar a fonte]As células de Euplotes non son flexibles, están aplanadas dorsoventralmente e son aproximadamente ovoides, cunha rexión oral moi grande (peristoma) bordeada á esquerda por unha longa "zona adoral de membranelas" (ZAM). Igual que outros ciliados espirótricos, Euplotes móvese e aliméntase coa axuda dos seus orgánulos ciliares compostos chamados "cirros," constituídos por penachos de cilios distribuídos espalladamente pola célula. Os cirros fortes da superficie ventral da célula permiten a Euplotes "camiñar" ou arrastrarse sobre detritos mergullados ou sobre vexetación. Todas as especies de Euplotes teñen un grupo de sedas ríxidas (cirros caudais), que fan protrusión desde a parte posterior da célula. O número de cirros caudais varía, incluso dentro dunha especie, pero é máis común en Euplotes ter 4 ou 5.[3] O macronúcleo é caracteisticamente longo e estreito e aproximadamente con forma de ferradura ou con forma de C ou con forma que lembra o número 3.[4][5]
Historia e clasificación
[editar | editar a fonte]
Especies de Euplotes foron xa rexistradas en 1773 polo naturalista danés O.F. Müller, que a situou no xéneo Trichoda.[6] En 1830, o microscopista alemán C.G. Ehrenberg creou o xénero Euplotes.[7] En 1975, describíranse unhas 80 especies e variedades asignadas ao xénero Euplotes.[3]
En esquemas de clasificación vellos Euplotes adoitaba situarse dentro dos hipótricos, xa fose na orde Hypotrichida, na subclase Hypotrichia ou a clase Hypotrichea.[1] Na clasificación actual Euplotes sitúase separado dos outros tradicionais hipótricos, na subclase Euplotia dos Spirotrichea.[8][9]
- Debuxo de Euplotes harpa, unha especie mariña.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Lynn, Denis (2008). The Ciliated Protozoa: Characterization, Classification, and Guide to the Literature (en inglés) (3 ed.). Springer Netherlands. pp. 374–5. ISBN 978-1-4020-8238-2.
- ↑ Caspers, H. (1962). "Corliss, John O.: The Ciliated Protozoa: Characterization, Classification, and Guide to the Literature. With 22pl. Oxford–London–New York–Paris: Pergamon Press Ltd. 1961.310p. Intern. Series of Monographs on Pure and Applied Biology, Div. Zoology, Vol. 7. 80 – s". Internationale Revue der gesamten Hydrobiologie und Hydrographie (en inglés) 47 (3): 172. ISSN 1522-2632. doi:10.1002/iroh.19620470319.
- 1 2 Curds, Colin R. (1975). "A guide to the species of the genus Euplotes (Hypotrichida, Ciliata)". Bull. Br. Mus. (Nat. Hist.) Zool. 28: 3.
- ↑ Carey, Philip G. (1992). Marine Interstitial Ciliates. London: Chapman and Hall. p. 203. ISBN 0-412406101.
- ↑ Curds, Colin R. (1983). British and Other Freshwater Ciliated Protozoa. Cambridge: Cambridge University Press. p. 450.
- ↑ Müller, Otto Frederik (1773). Vermivm terrestrium et fluviatilium, seu, Animalium infusoriorum, helminthicorum et testaceorum, non marinorum, succincta historia. et Lipsiae: apud Heineck et Faber.
- ↑ Berger, Helmut (2001). "Catalogue of ciliate names 1. Hypotrichs". Paris-Lodron-Universität Salzburg (en inglés).
- ↑ Gao, Feng; Warren, Alan; Zhang, Qianqian; Gong, Jun; Miao, Miao; Sun, Ping; Xu, Dapeng; Huang, Jie; Yi, Zhenzhen; Song, Weibo (2016-04-29). "The All-Data-Based Evolutionary Hypothesis of Ciliated Protists with a Revised Classification of the Phylum Ciliophora (Eukaryota, Alveolata)". Scientific Reports (en inglés) 6 (1 (número de artigo: 24874)). Bibcode:2016NatSR...624874G. ISSN 2045-2322. PMC 4850378. PMID 27126745. doi:10.1038/srep24874.
- ↑ Adl, Sina M.; Bass, David; Lane, Christopher E.; Lukeš, Julius; Schoch, Conrad L.; Smirnov, Alexey; Agatha, Sabine; Berney, Cedric; Brown, Matthew W.; Burki, Fabien; Cárdenas, Paco (2019). "Revisions to the Classification, Nomenclature, and Diversity of Eukaryotes". Journal of Eukaryotic Microbiology (en inglés) 66 (1): 4–119. ISSN 1550-7408. PMC 6492006. PMID 30257078. doi:10.1111/jeu.12691.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Euplotes |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Euplotes en WORMS