Saltar ao contido

Evil Angels

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Evil Angels
 Título
    Evil Angels (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Movemento
 Época ambientación
 Lingua orixinal
 Cor
Implicados
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
Ian Baker (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Editor/a de cine
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
9 de febreiro de 1990 (Turquía)
19 de outubro de 1989 (Uruguai)
28 de xullo de 1989 (Irlanda)
29 de xuño de 1989 (Brasil, México)
29 de xuño de 1989 (Arxentina)
29 de maio de 1989 (Madrid)
26 de maio de 1989 (Reino Unido)
25 de maio de 1989 (Alemaña)
19 de maio de 1989 (Finlandia, Italia, Portugal, Suecia, Suráfrica)
17 de maio de 1989 (Francia)
15 de maio de 1989 (Dinamarca)
13 de maio de 1989 (1989 Cannes Film Festival (en) Traducir)
11 de novembro de 1988 (Polonia, Estados Unidos)
3 de novembro de 1988 (Australia) Editar o valor en Wikidata
Historia
Cifras e dimensións
 Recadación
   3.006.964 A$ (1988) Editar o valor en Wikidata
 Duración
122 min
121 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Fontes e ligazóns
ISAN0000-0000-7217-0000-4-0000-0000-P Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02tqm5 Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
94% Rotten Tomatoes (12 de febreiro de 2025)
6.8/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0094924 Filmaffinity: 225838 Allocine: 4745 Rottentomatoes: m/cry_in_the_dark Mojo: cryinthedark Allmovie: am11301 TV.com: movies/a-cry-in-the-dark Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Evil Angels, chamado A Cry in the Dark fóra de Australia e Nova Zelandia, é un filme australiano de 1988 dirixido por Fred Schepisi. O guión, escrito por Schepisi e Robert Caswell, baséase no libro de John Bryson de 1985 do mesmo nome. Conta o caso real da desaparición de Azaria Chamberlain, unha nena de nove semanas de vida que desapareceu dunha acampada preto de Uluru (ou Ayers Rock) no agosto de 1980 e a loita dos seus pais, Michael e Lindy Chamberlain, por demostrar a súa inocencia ante unha opinión pública convencida de que son culpables da morte e desaparición da pequena. Meryl Streep e Sam Neill interpretan os Chamberlains, e Streep foi nomeada para un Premio da Academia por esta interpretación.

A película foi estreada menos de dous meses despois de que os Chamberlains fosen exonerados pola Corte de Apelacións do Territorio do Norte de todos os cargos presentados contra eles.[1]

Argumento

[editar | editar a fonte]

O pastor da Igrexa Adventista do Sétimo Día Michael Chamberlain (Sam Neill), a súa dona Lindy (Meryl Streep), os seus dous fillos e a súa nena de nove semanas Azaria están facendo unha acampada durante unha viaxe de vacacións polo Outback australiano. Mentres o bebé dorme nunha tenda de campaña, a familia está a grellar a cea canda outros campistas cando se escoita un berro. Lindy volve á tenda para ver a Azaria e ve un dingo correndo con algo na boca cando ela se achega. Cando descobre que a nena non está, empeza e pedir axuda e todo o mundo se pon a buscala, aínda que sen éxito. Suponse que Lindy viu o animal levando a nena, e así o testemuñarían as futuras investigacións.

A opinión pública logo se pon en contra dos Chamberlains. Para moitos, Lindy semella demasiado estoica e fría, que acepta demasiado ben a desgraza que lle sucedeu. Os rumores sobre ela aumentan e pronto se confunden coa realidade. A crenza do matrimonio non é moi amplamente practicada en Australia, e cando os medios informan de que Azaria significa "sacrificio en terras salvaxes" (cando realmente significa "bendita de Deus"), a xente elucubra que decapitaron a nena cunhas tesoiras como parte dun rito relixioso. Os corpos policiais tamén achegan certas probas, testemuños de expertos forenses, ou probas ciscunstanciais, como un pequeno ataúde de madeira que Michael empregaba como receptáculo para os paquetes de cigarros dos seus fregueses para que non fumasen, e abriron a investigación, finalmente para cargarlle a Lindy o asasinato. Embarazada de sete meses, ignora os consellos dos seus avogados de procurar a simpatía do xurado e parecer emocionada no estrado, non convencendo o público de que non é culpable do crime da que se acusa. Durante o xuízo, a fe de Michael na relixión e na súa muller, derrúbase, e zarabetea cando ten que testificar, dando a entender de que está ocultando a verdade. No outubro de 1982, Lindy foi encontrada culpable e sentenciada a vivir en cadea con traballos forzados, mentres que Michael é encontrado culpable como cómplice, dándolle unha suspención de sentenza de 18 meses.

Máis de tres anos despois, mentres se buscaba o corpo dun turista inglés que caera de Uluru, a policía descobre unha pequena peza de roupa que é identificada como a chaqueta que Lindy insistía que Azaria levaba sobre a súa roupiña, que fora recuperada pronto na investigación. É inmediatamente liberada da prisión, reábrese o caso e todas as condenas contra os Chamberlains son anuladas.

  1. ↑ Harper, Dan. "Review: 'A Cry in the Dark'." Arquivado 25 de decembro de 2010 en Wayback Machine. SensesOfCinema.com, Marzo 2001. Consultado o 25 de abril 2008.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bryson, John. Evil Angels. Ringwood, Australia: Penguin Books, 1985 (1ª edición). ISBN 0-670-80993-4.
  • Chamberlain, Lindy. Through My Eyes: Lindy Chamberlain, An Autobiography. Melbourne, Australia: William Heinemann, 1990. ISBN 0-85561-331-9.
  • Stratton, David. The Avocado Plantation: Boom and Bust in the Australian Film Industry. Londres: Pan MacMillan, 1990. ISBN 978-0-7329-0250-6.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]