Saltar ao contido

Explorer 7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Explorer 7
Imaxe
 Instancia de
Características
 Impulsado por
 Tipo de órbita
 Astro pai
 Tipo de órbita
Implicados
 Operador/a
 Fabricante
Datas
 Lanzamento
13 de outubro de 1959 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Lugar de saída
 País de orixe
Cifras e dimensións
 Altura
   76 cm Editar o valor en Wikidata
 Diámetro
   76 cm Editar o valor en Wikidata
 Masa
   41,5 kg Editar o valor en Wikidata
 Apoapse
   1.073 km Editar o valor en Wikidata
 Periastro
   573 km Editar o valor en Wikidata
 Excentricidade orbital
   0,034692 Editar o valor en Wikidata
 Inclinación orbital
   50,27 ° Editar o valor en Wikidata
 Período orbital
   101,38 min Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/04pz0v Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Explorer 7, tamén coñecido como S-1 ou S-1A, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 13 de outubro de 1959 mediante un foguete Juno II desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral. Un intento previo para lanzar unha nave igual, o 16 de xullo de 1959, finalizou en fracaso pola perda de control do foguete lanzador aos 5,5 segundos da engalaxe.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

A misión de Explorer 7 foi estudar os raios X e os raios ultravioleta na lonxitude de onda da liña Lyman alfa do Sol, así como os raios cósmicos pesados, a capacidade de penetración dos micrometeoritos e o equilibrio de calor da atmosfera terrestre.[1][2][3]

O satélite estabilizábase mediante xiro e estaba formado por dous conos de fibra de vidro unidos pola base xunto cun cilindro intermedio, cunha altura total de 75 cm, igual que o seu diámetro. A alimentación eléctrica era proporcionada por 3000 células solares que recubrían a superficie do satélite e que alimentaban unha serie de 15 baterías de níquel-cadmio. O satélite transmitía datos mediante dúas antenas de dipolo cunha potencia de 1 watt e a unha frecuencia de 20 MHz, mentres que unha terceira antena, a 108 MHz, se usaba para seguimento da nave.[1][2][3]

No ecuador do satélite atopábanse cinco bolómetros para medir a radiación térmica da Terra, así como tres celas de sulfuro de cadmio que servían de detectores de micrometeoritos. Na parte superior do satélite atopábanse unha cámara de ións cilíndrica e un detector de berilio para raios X, mentres que na inferior había un contador Geiger. Na parte central do cono superior ía instalada a cámara de ionización.[1][2][3]

Explorer 7 foi inxectado nunha órbita inicial de 1058,7 km de apoxeo e 551,9 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 50,3 graos e un período de 100,9 minutos. Enviou datos de maneira continua ata febreiro de 1961 e logo intermitente ata o 24 de agosto dese mesmo ano, e logo xa non volveu transmitir.[4][5][3]

  1. 1 2 3 4 NASA (9 de marzo de 2017). "Explorer 7" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2017.
  2. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: S-1" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2017.
  3. 1 2 3 4 5 Mark Wade (2017). "S-1" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2017.
  4. ↑ N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 7" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2017.
  5. ↑ "Letter dated 6 March 1962 from the Acting Secretary-General addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space, transmitting a communication dated 5 March 1962 from Permanent Representative of the United States of America" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (62-04423): 3. 7 de marzo de 1962. Consultado o 12 de marzo de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]