Fast Auroral Snapshot Explorer
| Fast Auroral Snapshot Explorer | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
FAST, acrónimo de Fast Auroral Snapshot Explorer, tamén coñecido como Explorer 70, é un satélite artificial da NASA pertencente ó programa Explorer e lanzado o 21 de agosto de 1996 mediante un foguete Pegasus XL desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de FAST consistiu no estudo da física do plasma dos fenómenos aurorais cunha alta resolución espacial e temporal, no rango dos microsegundos. O satélite foi lanzado a unha órbita moi excéntrica e case polar que precesiona un grao por día.[1][2]
FAST estabilízase mediante xiro a unha velocidade de 12 revolucións por minuto, co eixo de xiro situado perpendicular ó plano orbital. Leva a bordo unha memoria de estado sólido de 1 Gbit de capacidade e unha velocidade de adquisición de datos de 8 Mbps.[1][2] A alimentación eléctrica proporciónana células solares de arseniuro de galio montadas no corpo do satélite.[3]
A misión finalizou o 4 de maio de 2009.[1][2]

Instrumentos
[editar | editar a fonte]FAST leva catro instrumentos a bordo:[1][2]
- ESA (Electrostatic Analyzers): dezaseis analizadores que miden a distribución de electróns e ións no rango de enerxías entre 3 eV e 30 keV.[1][2][3]
- TEAMS (Time-of-flight Energy Angle Mass Spectrograph): mide a distribución tridimensional das especies iónicas principais mediante un espectrómetro de masas.[1][2][3]
- Magnetómetros triaxiais de porta de fluxo e de bobinado: miden os campos magnéticos mediante dous magnetómetros dispostos en mastros separados 180 graos.[1][2][3]
- Campo eléctrico/sonda Lagmuir: miden a temperatura e densidade do plasma, así como o seu campo eléctrico, mediante tres mastros ortogonais.[1][2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: FAST (SMEX 2)" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2012.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 NASA (4 de novembro de 2011). "FAST" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2012.
- 1 2 3 4 5 Mark Wade (2011). "FAST" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fast Auroral Snapshot Explorer |