Explorer 36
Aparencia
(Redirección desde «GEOS 2»)
| Explorer 36 | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
Explorer 36, coñecido tamén como GEOS 2 (acrónimo de Geodetic Earth Orbiting Satellite), foi un satélite artificial do programa Explorer da NASA lanzado o 11 de xaneiro de 1968 mediante un foguete Delta E1 desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de Explorer 36, ao igual que a do seu predecesor Explorer 29, foi realizar estudos xeodésicos. O satélite estabilizábase mediante gradente gravitatorio e alimentábase mediante células solares. A súa misión foi continuada por GEOS 3.[1][3][2]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]Explorer 36 levaba a bordo nove instrumentos:[1][3][2]
- Sistema de baliza óptica.
- Reflector láser.
- Sistema de radio Doppler.
- Transpondedor SECOR.
- Seguimento por radio.
- Transpondedor de radar en banda C.
- Sistema Minitrack da NASA.
- Detector de electróns en precipitación.
- Magnetómetro.