O H-IIB (ou H-2B) é un foguete espacialxaponés produto da mellora do H-IIA para principalmente lanzar os vehículos HTV (Kounotori) á Estación Espacial Internacional. A primeira etapa ten un diámetro 1,2 m maior que a do H-IIA, leva un 70% máis de propelente e usa dous motores LE-7A en lugar de un, así como unha cofia máis grande. Tanto a segunda etapa como os aceleradores de propelente sólido son os mesmos que no H-IIA.[1][2][3]