Heat Capacity Mapping Mission
| Heat Capacity Mapping Mission | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Heat Capacity Mapping Mission, tamén coñecido polo seu acrónimo HCMM, como Explorer 58 e como AEM-A (Applications Explorer Missions-A), foi un satélite científico da NASA lanzado o 26 de abril de 1978 desde a base Vandenberg da Forza Aérea a bordo dun foguete Scout F.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de HCMM foi facer unha exploración térmica precisa e a alta resolución da superficie terrestre. O satélite constaba de dous módulos:[1][2]
- o módulo instrumental, que contiña o radiómetro e o seu soporte.[1][2]
- o módulo base, co sistema de control, comunicacións, alimentación e comando.[1][2]
HCMM estabilizábase mediante xiro, a unhas 14 revolucións por minuto,[1][2] e foi inxectado nunha órbita heliosincrónica de 558 km de perixeo, 639 km de apoxeo, unha inclinación orbital de 97,6 graos e un período de 96,7 minutos.[3] ideada para medir temperaturas superficiais cerca do máximo e o mínimo do ciclo diúrno.[1][2]
O satélite non tiña capacidade de almacenamento de datos, polo que tiñan que emitirse e recibirse en tempo real nalgunha das sete estacións terrestres con capacidade para iso. O ciclo de repetición da comunicación coas estacións era de 16 días.[1][2]
Entre o 21 e o 23 de febreiro de 1981 a órbita de HCMM foi baixada de 620 km a 540 km para evita-lo desplazamento do plano orbital a ángulos solares pouco favorables para os paneis solares. A misión finalizou o 30 de setembro de 1980.[1][2]
Resultados
[editar | editar a fonte]Os datos de HCMM foron utilizados, entre outras cousas, para facer unha análise cuantitativa e construír un modelo de simulación de comportamento do solo respecto da auga con potencial uso en agricultura.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (4 de novembro de 2011). "HCMM" (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2012.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: HCMM (AEM 1)" (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2012.
- ↑ "Note verbale dated 28 July 1978 from the Permanent Representative of the United States addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (78-17687): 4. 9 de agosto de 1978. Consultado o 15 de marzo de 2012.
- ↑ Nieuwenhuis, G. J. A. "Application of HCMM satellite and airplane reflection and heat maps in agrohydrology". Advances in Space Research 1 (10): 71–86. Consultado o 16 de marzo de 2012.