Saltar ao contido

ISEE 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ISEE 3
Imaxe
 Parte de
Características
 Impulsado por
Implicados
 Operador/a
 Fabricante
Datas
 Lanzamento
12 de agosto de 1978 Editar o valor en Wikidata
Historia
Localización
 Lugar de saída
 País de orixe
Cifras e dimensións
 Altura
   1,58 m Editar o valor en Wikidata
 Diámetro
   1,77 m Editar o valor en Wikidata
 Masa
Fontes e ligazóns
Freebase/m/06xz5_ Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

ISEE 3, acrónimo de International Sun-Earth Explorer 3, tamén coñecido como Explorer 59 e máis tarde como International Cometary Explorer (ICE), foi un satélite artificial colaboración da NASA e da ESA lanzado o 12 de agosto de 1978 mediante un foguete Delta 2914 desde Cabo Cañaveral.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

ISEE 3 formaba parte do Programa Explorer e foi parte dunha flotilla de tres naves (xunto con ISEE 1 e ISEE 2) para estudar os campos e partículas da magnetosfera terrestre e solar e a súa interacción. As tres naves fixeron medicións en diferentes partes do espazo, das proximidades terrestre ao espazo interplanetario. ISEE 3 foi colocada inicialmente no punto de Lagrange L1 do sistema Terra-Sol nunha órbita de halo. En 1982 modificouse a súa órbita para rematar nunha órbita heliocéntrica e sobrevoar o cometa Giacobini-Zinner o 11 de setembro de 1985, fase durante a cal a nave pasou a renomearse International Cometary Explorer (ICE). Posteriormente estudou o espazo próximo ao cometa Halley, en marzo de 1986.[1][2][3]

A nave estabilizábase mediante xiro a 20 r.p.m., co eixo de xiro case perpendicular ao plano da eclíptica. Tiña unha masa de 390 kg e forma Cilíndrica, co corpo cuberto de células solares que producían ata 173 W de potencia. [1][2][3]

  1. 1 2 3 NASA (5 de setembro de 2019). "ISEE 3" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2019. Consultado o 12 de xullo de 2020.
  2. 1 2 3 Mark Wade (2020). "ISEE" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2020.
  3. 1 2 3 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "ISEE 3 → ICE (Explorer 59)" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]