Injun 4 foi o cuarto satélite da serie Injun, deseñado, construído e xestionado pola Universidade de Iowa para a USAF, e lanzado tamén baixo o programa Explorer. A súa misión principal foi medir o fluxo de partículas enerxéticas na atmosfera terrestre e estudar o quecemento atmosférico e o seu aumento coa altura; ademais tamén fixo medicións da radiación tanto natural como artificial atrapada nos cintos de radiación. Injun 4 estaba deseñado para aliñarse magneticamente co campo magnético terrestre. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares e baterías e levaba a bordo unha grabadora de cinta e conversores de analóxico a dixital. Para transmitir datos en tempo real usaba un transmisor de amplitude modulada a 136,29 MHz, mentres que para transmitir datos da cinta usaba un transmisor de modulación por pulsos a 136,86MHz. Injun 4 funcionou ata decembro de 1966.[1][2][3]