As principais illas do Kattegat son Samsø, Læsø e Anholt, sendo coñecidas as dúas últimas como "o cinto desértico danés", debido ó seu clima seco.
O nome de Kattegat deriva das palabras holandesa e baixo saxoaKat (gato) e Gat (burato). Isto fai referencia á navegación medieval, cando os navegantes dicían desta zona que era "tan estreita como o buraco dun gato", xa que había tantos barcos no mar que facían difícil de máis a navegación.