Saltar ao contido

LISA Pathfinder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
LISA Pathfinder
Imaxe
 Instancia de
Características
 Tipo de órbita
 Tipo de órbita
Implicados
 Operador/a
 Fabricante
Datas
 Lanzamento
3 de decembro de 2015 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Sucedido por
Localización
 Lugar de saída
Cifras e dimensións
 Masa
   1.910 kg Editar o valor en Wikidata
 Duración
   576 d Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/04y46m Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

LISA Pathfinder ou LPF foi un satélite artificial da ESA lanzado o 3 de decembro de 2015 mediante un foguete Vega desde o Centro Espacial de Kourou.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

LISA Pathfinder foi un satélite da Axencia Espacial Europea lanzado para probar novas tecnoloxías a ser usadas no observatorio de ondas gravitatorias LISA. O experimento principal de LISA Pathfinder consistía en medir con precisión extrema os cambios na distancia entre dúas masas en voo libre usando novos sensores e o mesmo tipo de interferometría por láser que usará LISA. Usaba tamén propulsores capaces de proporcionar impulsos de só microNewtons de forza para mover a nave con enorme precisión.[1][2][3]

A misión de LISA Pathfinder finalizou o 30 de xuño de 2017 despois de cumprir os seus obxectivos. O 18 de xullo dese ano foi apagado definitivamente.[2][3]

  1. 1 2 NASA (14 de maio de 2020). "LISA Pathfinder" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2020.
  2. 1 2 3 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "LISA-Pathfinder (LPF)" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2020.
  3. 1 2 3 Mark Wade (2011). "LISA Pathfinder" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]