Este artigo amosa letras urdús. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Este artigo amosa escritos paxtos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Lahore é unha cidade de Paquistán, a segunda máis poboada e importante tras Karachi. Atópase no nordeste, no Paquistán Occidental, preto da fronteira coa India, nas beiras do río Ravi, e é a capital da histórica rexión do Panxab paquistaní.
Tiña unha poboación estimada de 6485175 de habitantes no 2006; tendo unha área metropolitana de máis de sete millóns e medio de persoas (7620000 (2001)).
Foi disputada ao longo da historia por varios pobos, sendo unha cidade musulmá dende o século XII. Foi anexionada polos sikhs no 1767 e no 1849 polo británicos. No 1947 pasou a formar parte de Paquistán, como segue actualmente.
A industria do cinema máis famosa do país está localizada en Lahore e recibe o nome de Lollywood.