Saltar ao contido

Lexi Jones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLexi Jones
Biografía
Nacemento15 de agosto de 2000 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Hospital Mount Sinai Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafa, compositora de cancións, deseñadora de moda, cantante Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisDavid Bowie Editar o valor en Wikidata  e Iman Editar o valor en Wikidata
IrmánsDuncan Jones Editar o valor en Wikidata

Sitio webalexandriazahrajones.com Editar o valor en Wikidata
Instagram: _p0odle_ Musicbrainz: fb8c04d8-28be-4939-ae4c-fbafc874540d WikiTree: Jones-87601 Editar o valor en Wikidata

Alexandria Zahra Jones, máis coñecida como Lexi Jones, nada o 15 de agosto de 2000 en Nova York, é unha artista e cantautora británico-estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Familia e primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Filla do músico inglés David Bowie e da modelo somalí-americana Iman,[1] ten un medio irmán maior, o director de cinema Duncan Jones, do primeiro matrimonio do seu pai coa actriz Angie Bowie.[2] Tamén ten unha medio irmá maior, Zulekha Haywood, froito do segundo matrimonio da súa nai co xogador da NBA Spencer Haywood.[3]

Lexi Jones recibiu ofertas de traballos como modelo, pero a súa nai rexeitounas, citando a súa propia experiencia, procurando que a filla vivise unha vida privada o maior tempo posíbel.[4][5] Mostrou interese pola arte dende pequena e recibiu formación dende moi nova, tomando máis en serio ese traballo a partir da adolescencia.[6]

Bowie morreu de cancro de fígado o 10 de xaneiro de 2016, cando a súa filla tiña 15 anos.[7][8]

Jones manifestouse sobre as súas loitas contra os problemas de saúde mental ao longo da súa vida, mencionando a arte como unha ferramenta para saír de lugares escuros.[9]

Jones mudouse aos Ánxeles en 2018, onde traballou como fotógrafa e deseñadora de moda. En 2023, lanzou o seu sitio web e lanzou a súa liña de roupa co lema "ALXX".

Lanzou a súa primeira canción en 2021 e o seu álbum de estrea, Xandri, en abril de 2025[10][11] O álbum recibiu críticas positivas en xeral. The Independent destacou a súa capacidade para deslizarse entre xéneros.[12] Jones reiterou que non estaba a tentar ocupar o lugar do seu pai, senón "atopar a súa propia paz".[13]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Xandri (2025), 12 cancións, 47 minutos [12]
  1. ↑ "FIRST LOOK: The News in Brief, August 15, 2000". E! Online. 2000-08-16. Consultado o 2026-02-09.
  2. ↑ "Meet David Bowie's 2 Children: All About Duncan and Lexi Jones". People.com (en inglés). Consultado o 2026-02-09.
  3. ↑ "David Bowie And Iman's Daughter Lexi Jones Hits Back At 'Vulgar' Comment On Instagram". ELLE (en inglés). 2021-02-26. Consultado o 2026-02-09.
  4. ↑ "David Bowie's daughter Lexi Jones debuts new romance – see the sweet photo". HELLO! (en inglés). 2025-05-07. Consultado o 2026-02-09.
  5. ↑ "Iman Explains Why She Refuses to Let Her Daughter Model". W Magazine (en inglés). 2018-10-28. Consultado o 2026-02-09.
  6. ↑ Harbron, Lucy (2025-04-07). "David Bowie's daughter releases her debut album". faroutmagazine.co.uk (en inglés). Consultado o 2026-02-09.
  7. ↑ Saperstein, Pat (2016-01-11). "Legendary Musician David Bowie Dies at 69". Variety (en inglés). Consultado o 2026-02-09.
  8. ↑ Bryant, Kenzie (2016-08-16). "Iman Shares Rare Picture of Her and David Bowie’s Daughter for Lexi Jones’s 16th Birthday". Vanity Fair (en inglés). Consultado o 2026-02-09.
  9. ↑ Griffiths, Robbie (2023-08-30). "David Bowie’s daughter Lexi surprises fans with her first fashion range". The Standard (en inglés). Consultado o 2026-02-09.
  10. ↑ "7 Fun Facts About David Bowie's Daughter. Meet Alexandria 'Lexi' Jones: Painter, Musician". L'Officiel USA (en inglés). Consultado o 2026-02-09.
  11. ↑ Fu, Eddie (2025-04-14). "David Bowie's Daughter Lexi Jones Releases Debut Album: "Not Trying to Fill His Shoes"". Consequence (en inglés). Consultado o 2026-02-09.
  12. 1 2 Molloy, Laura (2025-04-06). "David Bowie's daughter Lexi Jones quietly releases debut album ‘Xandri’". NME (en inglés). Consultado o 2026-02-09.
  13. ↑ "David Bowie's Daughter Lexi Jones Slams Criticism That She's a "Copy" of Her Dad". E! Online. 2025-04-15. Consultado o 2026-02-09.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]