Ma Boyong
(2023) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de decembro de 1980 Chifeng |
| Grupo étnico | Pobo manchú |
| Actividade | |
| Ocupación | novelista, xornalista científico, guionista, xornalista |
| Empregador | Schneider Electric (2005–2015) |
| Partido político | Partido Comunista de China |
| Premios | |
| |

Ma Boyong (chinés simplificado: 马伯庸; pinyin: Mǎ Bóyōng), nado en 1980 en Chifeng, Mongolia Interior, é un autor chinés de ciencia ficción, baixo o pseudónimo de Ma Li (chinés simplificado: 马力; pinyin: Mǎ Lì).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Escritor, ensaísta, profesor, redactor en Internet e prolífico blogueiro moi coñecido no ámbito chinés,[1] conta con preto de 7 millóns de seguidores en Weibo.[2] O seu traballo mestura a ucronía, a ficción histórica, o wuxia (fantasía de artes marciais) as fábulas e outros elementos característicos da ciencia ficción e da fantasía.
Estudou mercadotecnia e comunicacións na Universidade de Waikato.
As súas novelas son unha complexa xustaposición de elementos históricos chineses e da cultura pop moderna. Por exemplo, o seu thriller, en formato de relato curto, Chang'an ambientado na época da dinastía Tang utiliza o formato da moderna serie norteamericana 24. Tamén é autor de dúas novelas curtas wuxia nas que aparece Xoana de Arco. Os xogos do Primeiro Emperador parte da premisa de que Qin Shihuang, primeiro emperador da China, era un grande afeccionado aos videoxogos.
En Planetas Invisíbeis pódese atopar outro relato de Ma Boyong.
Obra
[editar | editar a fonte]Libros
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Liu, Ken (11 de novembro de 2023). Runas, ed. Estrellas Rotas. pp. 339–. ISBN 978-84-9181-924-0.
- ↑ https://www.waikato.ac.nz/news-opinion/media/2019/famous-chinese-literary-genius-got-his-inspiration-from-waikato
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ma Boyong |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 马伯庸 (La literatura china traducida en España)