Marraco
| Marraco | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
|
Venerado por
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||

Lo Marraco é un animal totémico e festivo da cidade de Lleida: un dragón ou sardo de boca especialmente grande e ancha, coa que come os chupetes dos nenos coma símbolo do seu medre.[1][2] Forma parte do bestiario popular catalán, e a súa representación é bastante libre.[3] É ademais un espantanenos tradicional de Lleida, e noutros lugares, coma o Maestrazgo e Menorca, empregábase o mesmo nome, na variante marreco, para asustar os cativos.[4]
Orixes
[editar | editar a fonte]O Marraco é un símbolo totémico de Lleida que, segundo se conta popularmente, dataría do século V a. C. coma representación do deus dos antigos ilerxetes; segundo algunhas fontes, para os ilerxetes o Marraco tería sido o pai espiritual do seu caudillo máis importante, Indíbil, considerado fillo do deus.[1][5] A verdade é que tanto estas conxecturas coma a atribución ao éuscaro da orixe do nome —dícese a miúdo que "marraco" quere dicir 'dragón' nesa lingua— non teñen fundamento histórico nin científico; o animal totémico dos ilerxetes era o lobo, non o dragón.[5][6]
Historia
[editar | editar a fonte]En 1551, un dragón precursor do Marraco formou parte da procesión da Asunción.[7] En 1907 creouse o primeiro Marraco festivo e, despois da Guerra Civil, en 1941 construíuse un novo modelo sobre un chasis de camión da primeira guerra mundial, co que se desprazaba na procesión de Corpus Christi.[7]
A primeira versión da representación actual do Marraco foi construída en 1957 polo arquitecto municipal Lluís Domènech i Torres, e preside, xunto cos Xigantes de Lleida, as principais celebracións da cidade.[8][9] Mide 8,5 m de longo por 2,90 m de ancho e 3,75 m de alto, e o seu peso supera as dúas toneladas. É un dragón verde sen ás, con caniños moi afiados e capaz de botar fume polo nariz; pintouno o artista de Lleida Joan Font.[7][10] A versión actual é froito dunha renovación feita en 1993, na que o corpo de xeso, tea metálica e madeira se substituíu por unha réplica de fibra de vidro, obra de Joan Miró i Oró coa colaboración de alumnos da Escola Municipal de Belas Artes.[11][10]
En 2005, na Gran Nit de Foc das Festas da Tardor, de dous ovos xigantescos que o Marraco incubara naceu a súa descendencia: os Marraquets, uns cabezudos á imaxe do Marraco que incorporan unha raba, puntos onde se colocan os elementos pirotécnicos.[12]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Saula, Laura (29 de decembro de 2020). "Que vindrà lo Marraco!". La Mira (en catalán). Consultado o 21 de outubro de 2026.
- ↑ "Hi havia una vegada: Lo Marraco". Notícies de Lleida (en catalán). Universidade de Lleida. 2 de xuño de 2021. Consultado o 21 de outubro de 2026.
- ↑ "Lo Marraco de Lleida". TV3 (en catalán). 8 de xuño de 2010. Consultado o 21 de outubro de 2026.
- ↑ "El Marraco". festeslleida.cat (en catalán). Paeria de Lleida. Consultado o 21 de outubro de 2026.
- 1 2 "Per què el Marraco és una figura tan important i estimada a Lleida?". 7accents.cat (en catalán). 17 de novembro de 2016. Consultado o 21 de outubro de 2026.
- ↑ "Els ilergets". xtec.cat (en catalán). Consultado o 21 de outubro de 2026.
- 1 2 3 Almacellas, Oriol (9 de maio de 2025). "Lo Marraco". Nació Digital (en catalán). Consultado o 21 de outubro de 2026.
- ↑ "Lo Marraco de Lleida, és viu!". Altres històries de Lleida (en catalán). Consultado o 21 de outubro de 2026.
- ↑ Barrull, Jaume (5 de maio de 2019). "Lo Marraco surt de festa". Segre (en catalán). Consultado o 21 de outubro de 2026.
- 1 2 Masana, Heribert (2015). 50 Dracs. Petita guia dels dracs de Catalunya (en catalán). Vilanova i la Geltrú: El Cep i la Nansa. p. 65. ISBN 978-84-943051-5-3.
- ↑ "El Marraco, l'origen". Cultura - La Paeria (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2021. Consultado o 21 de outubro de 2026.
- ↑ Gasque, Ramon (25 de novembro de 2021). "La Paeria treballa per ampliar el bestiari amb una 'marraqueta trans'". Segre (en catalán). Consultado o 21 de outubro de 2026.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marraco |