Mesitornithidae
| Mesitornithidae | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||
Os mesitornítidos (Mesitornithidae) son unha familia de aves pertencente á orde dos mesitornithiformes. En portugués de Mozambique reciben o nome de mesitos. Son aves endémicas de Madagascar, de tamaño pequeno ou medio, de hábitos terrestres e con pouca capacidade de voo.
A familia comprende só tres especies vivas, distribuídas en dous xéneros: Mesitornis e Monias, todas elas ameazadas pola degradación do hábitat, os incendios e a presión humana sobre os ecosistemas de Madagascar.[1]
O seu aspecto lembra en parte o de pequenos faisáns ou rascóns, con plumaxes xeralmente pardas ou agrisadas e partes inferiores máis claras. Viven en bosques e zonas de matogueira, onde se alimentan principalmente no chan, consumindo insectos, outros pequenos invertebrados e sementes.
Tradicionalmente, a familia adoitaba clasificarse na orde dos columbiformes, pero isto só foi confirmado máis tarde por Hackett e os seus colaboradores.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A posición sistemática dos mesitornítidos foi discutida durante moito tempo. Historicamente foron relacionados con grupos como os Gruiformes e, nalgúns estudos, coas pombas. Porén, as análises moleculares modernas sitúan a familia dentro do clado Columbimorphae, xunto coas gangas e as pombas.[3][4][5][6]
Descrición e bioloxía
[editar | editar a fonte]Os mesitornítidos son aves principalmente terrestres. Teñen ás curtas e voan pouco, en distancias moi curtas. A súa coloración adoita ser discreta, o que lles permite camuflarse entre a vexetación e a follaxe do chan, onde as especies do xénero Mesitornis buscan alimento, mentres que Monias benschi emprega o seu peteiro longo e curvado para procurar alimento no solo. Son aves vocais e utilizan os seus cantos na defensa do territorio.
A reprodución varía segundo a especie. As Mesitornis adoitan considerarse monógamas, mentres que as Monias presentan un sistema social máis complexo e dimorfismo sexual máis marcado. Os niños acostuman ser plataformas sinxelas de pólas situadas en arbustos ou ramas baixas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mesitornithiformes". BirdLife International Data Zone (en inglés). Consultado o 16 de maio de 2026.
- ↑ Shannon J. Hackett et al. 2008. "A Phylogenomic Study of Birds Reveals Their Evolutionary History". Science 320.
- ↑ Jarvis, E. D.; et al. (2014). "Whole-genome analyses resolve early branches in the tree of life of modern birds". Science 346 (6215): 1320–1331. doi:10.1126/science.1253451.
- ↑ Prum, R. O.; Berv, J. S.; Dornburg, A.; Field, D. J.; Townsend, J. P.; Lemmon, E. M.; Lemmon, A. R. (2015). "A comprehensive phylogeny of birds (Aves) using targeted next-generation DNA sequencing". Nature 526 (7574): 569–573. doi:10.1038/nature15697.
- ↑ Stiller, J.; Feng, S.; Chowdhury, A.-A.; et al. (2024). "Complexity of avian evolution revealed by family-level genomes". Nature 629 (8013): 851–860. doi:10.1038/s41586-024-07323-1.
- ↑ "Turacos, bustards, cuckoos, mesites, sandgrouse". IOC World Bird List (en inglés). Consultado o 16 de maio de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |