Michael Landon
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Eugene Maurice Orowitz 31 de outubro de 1936 Forest Hills |
| Morte | 1 de xullo de 1991 Malibú |
| Causa da morte | cancro de páncreas |
| Lugar de sepultura | Cemiterio Hillside Memorial Park |
| Outros nomes | Michael Landon |
| Educación | Universidade do Sur de California Collingswood High School (pt) |
| Actividade | |
| Ocupación | actor de televisión, atleta, actor de cinema, produtor de cinema, produtor de televisión, cantante, director de cinema, guionista, director de televisión, actor, músico |
| Período de actividade | 1956 |
| Partido político | Partido Republicano de California |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Wéstern |
| Nacionalidade deportiva | Estados Unidos |
| Deporte | atletismo |
| Disciplina deportiva | lanzamento de xavelina |
| Familia | |
| Fillos | Leslie Landon, Michael Landon junior, Christopher Landon, Jennifer Landon |
| Irmáns | Evelyn Orowitz |
| Premios | |

Michael Landon, nado o 31 de outubro de 1936 en Nova York e finado o 1 de xullo de 1991 en Malibú, foi un actor, guionista, director e produtor de televisión estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Landon é coñecido polas interpretacións de Little Joe Cartwright en Bonanza (1959–1973), Charles Ingalls en Little House on the Prairie (1974–1983) e Jonathan Smith en Highway to Heaven (1984–1989), todas as tres na NBC. Landon ademais produciu, escribiu e dirixiu moitos dos episodios das series nas que apareceu, e tamén escribiu e dirixiu o telefilme autobiográfico The Loneliest Runner (1976) ademais de crear a serie Father Murphy (1981-1983) interpretada por Merlin Olsen.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |