Saltar ao contido

Monmouth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monmouth
 Nome oficial
Monmouth (en)
Trefynwy (cy) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Situación patrimonial
Implicados
 Autoridade executiva
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
8.877 (2001) censo
10.508 (2011) censo Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postalNP25 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap11005806 Editar o valor en Wikidata
VIAF154790281 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0ck0k Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Monmouth (en galés Trefynwy) é unha pequena cidade no sueste de Gales, a 3 quilómetros da fronteira con Inglaterra. É a capital do condado de Monmouthshire, con algo menos de 9.000 habitantes. O río Wye e o río Monnow reúnense en Monmouth.

Os romanos construíron unha pequena fortaleza á que chamaron Blestium, pero poucas persoas vivían na área despois da caída do Imperio. Co tempo os normandos construíron un castelo con vistas ao río Monnow, despois de conquistar Inglaterra en 1066.

A cidade de Monmouth creceu na Idade Media, cun convento da igrexa, e un mercado aberto na rúa agora chamada Monnow Street. Esta rúa desenvolveuse entre o castelo e unha ponte fortificada sobre o río, que aínda existe, e é o único do seu tipo en Gran Bretaña. O rei Henrique V de Inglaterra naceu no castelo de Monmouth en 1387, pero o castelo foi derrubado na súa maioría despois da Guerra Civil no século XVII.

Monmouth era ben coñecido no século XIV pola produción local de "Monmouth cap" - unha especie de chapeu moi usado polos soldados, mariñeiros e demais. Tamén se fixo famoso a finais do século XVIII, cando personaxes tales coma o almirante Nelson, e moitos poetas e pintores, foron visitar o fermoso val de Wye, que se atopa nas proximidades. A cidade tamén ten unha famosa "escola pública", a Escola de Monmouth, que foi fundada en 1615.

En 1840, redactouse en Monmouth, polos Cartistas, un importante ensaio que propuña que máis xente debería poder votar nas eleccións.

Un dos primeiros fabricantes de automóbiles en Gran Bretaña, Charles Rolls, fundador de Rolls Royce, naceu nos arredores da cidade. Faleceu nun accidente de avión en 1910 á idade de 33 anos, hai unha estatua del no centro da cidade.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]