Saltar ao contido

Nebulosa do Cangrexo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nebulosa do Cangrexo
Nebulosa do Cangrexo
Datos para a observación
Época= X2000.0
Tipo de obxecto Resto de supernova
Ascensión recta 5h 34m 31,97s[1]
Declinación +22° 00′ 52,1″[1]
Distancia 6.300 anos luz (1.930 pc[2])
Magnitude aparente +8,4[3]
Constelación Taurus
Características físicas
Radio 3 anos luz
Magnitude absoluta -3,2[3]
Outras designacións M1,[1] NGC 1952[1]

A nebulosa do Cangrexo (tamén coñecida como M1, NGC 1952, Taurus A e Taurus X-1) é un resto de supernova resultante da explosión dunha supernova en 1054 (SN 1054), recollida por astrónomos chineses e xaponeses.[4] Os datos, recollidos no 1921 por Carlo Otto Lampland permitironlle a identificación da nevbulosa como restos da supernova.[5] Situada a unha distancia de aproximadamente 6300 anos luz (1930 pc[2]) da Terra, na constelación de Taurus, a nebulosa ten un diámetro de seis anos luz (1,84 pc) e a súa velocidade de expansión é de 1500 km/s.

O centro da nebulosa contén un púlsar, denominado PSR0531+121, que xira sobre el mesmo a trinta revolucións por segundo, emitindo tamén pulsos de radiación que van dende os raios gamma nas ondas de radio. O descubrimento da nebulosa foi a primeira evidencia que indica que as explosións de supernova producen púlsares.

No hemisferio sur tamén hai unha Nebulosa do Cangrexo.

  1. 1 2 3 4 "SIMBAD Astronomical Database". Resultados para NGC 1952. Consultado o 25 de decembro de 2006.
  2. 1 2 Virginia Trimble: The Distance to the Crab Nebula and NP 0532, Publications of the Astronomical Society of the Pacific, vol. 85, núm. 507, páx.579. outubro de 1973.
  3. 1 2 Nebulosa del Cranc Arquivado 03 de setembro de 2011 en Wayback Machine. en SEDS.org Arquivado 04 de setembro de 2011 en Wayback Machine. ( traducido en castelán Arquivado 18 de marzo de 2007 en Wayback Machine.. (en inglés)(en castelán)
  4. ↑ "Giant mosaic of the Crab Nebula made of Hubble images". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-04-18.
  5. ↑ Fore, Meredith. "With open data, scientists share their work". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2019-09-01.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]