As primeiras investigacións parapsicolóxicas empregaron as cartas Zener en experimentos deseñados para tratar de probar a posibilidade de comunicación telepática.
A parapsicoloxía é considerada unha pseudociencia pola comunidade científica, xa que a propia existencia dos fenómenos paranormais non está demostrada cientificamente.[1][2]
Dende o ano 1996, a Fundación Educativa James Randi ofrece a suma dun millón de dólares estadounidenses a quen sexa quen, baixo condicións controladas e supervisadas de laboratorio, demostrar un só fenómeno paranormal como os anteriormente mencionados. Até o de agora ninguén puido facer unha demostración satisfactoria e o premio segue sen ser reclamado.
Todos os traballos sobre parapsicoloxía foron publicados en revistas de asociacións adicadas ó tema, como o Journal of Parapsychology (1959-1968)[3] e o European Journal of Parapsychology (que deixou de publicarse en 2010 por mor da falla de artigos).[4]
↑Druckman, D., e Swets, J. A. (eds.) (1988). Enhancing human performance: issues, theories and techniques. Washington, DC: National Academy Press. p.22. ISBN0-309-07465-7.