Saltar ao contido

Pobo bora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo bora
Imaxe
 Instancia de
Características
 Linguas faladas
 Relixión
Cifras e dimensións
 Poboación
   2.000 (2001) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Mapa de distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0261rx_ Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O pobo bora é un pobo indíxena do Amazonas peruano, colombiano e brasileiro, localizado entre os ríos Napo, Putumayo e Caquetá.[1] Son aproximadamente 1700 persoas.

Viven en casas comunais ou "malocas" octogonais cunha entrada principal e dúas laterais. A maloca considérase unha representación do cosmos e inaugúrase cunha festa todzigwa. Os tambores cerimoniais kümüba (maguare) atópanse preto da entrada principal da maloca.

A súa lingua pertence á familia bora[2] e está estreitamente relacionada coa dos miraña do río Caquetá e dos muinane da Sabana do alto Cahuinarí e do alto Igará Paraná.

O pobo bora foi un dos pobos indíxenas do Amazonas que sufriu o xenocidio do Putumayo de 1879 e 1912 en plena febre do caucho. Foi vítima de abusos, escravitude forzada, masacres e etnocidio cometidos pola Peruvian Amazon Company, en concreto na zona entre o río Putumayo e o río Caquetá.[3][4][5] Os pobos que foron vítimas destes crimes foron os andaquís, os boras, os carijonas, os ingas, os cabiyaris, os mirañas, nonuyas, os ocainas, sionas, os tanimucas, os witotos e os yucunas, e a cifra de vítimas mortais calcúlase entre 242 000 e 450 000.[6]

Desculpas públicas do goberno colombiano

[editar | editar a fonte]

No ano 2012, o presidente Juan Manuel Santos, pediu perdón ás comunidades amazónicas polos feitos ocorridos durante eses anos.[7]

"Ás comunidades dos pobos Uitoto, Bora, Okaina, Muinane, Andoque, Nonuya, Miraña, Yukuna e Matapí, pídolles desculpas a todos polos seus mortos, polos seus orfos, polas súas vítimas."
Juan Manuel Santos, presidente de Colombia 2012
  1. ↑ Hardenburg 1912, p. 150.
  2. ↑ Definición de witoto no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. ↑ "Cien años después, la Amazonía recuerda uno de sus episodios más trágicos". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2020.
  4. ↑ "Memoria de una herida que no cierra - Min. Cultura de Colombia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de abril de 2023. Consultado o 25 de abril de 2023.
  5. ↑ Jordán, Pilar García; Izard, Miquel (1992). Conquista y resistencia en la historia de América (en castelán). Edicions Universidade de Barcelona. ISBN 978-84-475-0073-4. Consultado o 10 de xuño de 2020.
  6. ↑ White, Matthew. "Mid-Range Wars and Atrocities of the Twentieth Century". Necrometrics. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xull o de 2019.
  7. ↑ "Presidente Santos pidió perdón a los indígenas de la Amazonía". www.elpais.com.co. Consultado o 10 de xuño de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]