He'e poke (feito de polbo) con kimchi, aceite de sésamo, chile e sal mariño.
O poke (en hawaiano quere dicir "seccionar" ou "cortar"[1]) é unha ensalada de peixe cru que serve como entrante na cociña hawaiana, e algunhas veces como prato principal. As formas tradicionais do prato levan aku (atún) e he'e (pobo). He'e poke ás veces é coñecido polo seu nome xaponés "Tako" Poke, agás en lugares como a illa de Ni'ihau, onde aínda se fala a lingua hawaiana. O ahi poke é o máis común e popular e leva atún de aleta amarela. Existen outras versións que levan salmón cru ou mariscos servidos cos outros ingredientes habituais do "poke".[2]
↑Mary Kawena Pukui e Samuel Hoyt Elbert (2003). University of Hawaii Press, ed. Hawaiian Dictionary. Ulukau, the Hawaiian Electronic Library. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 26 de novembro de 2017.