Saltar ao contido

Portmeirion

Portmeirion
 Nome oficial
Portmeirion (cy)
Portmeirion (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Situación patrimonial
 Caracterizado por
Implicados
 Fundador/a
Datas
 Fundación / creación
1925 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Código postalLL48 Editar o valor en Wikidata
VIAF132576873 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0h5xv Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Portmeirion é unha popular vila turística de Gwynedd, Gales. Foi deseñada e construída por Sir Clough Williams-Ellis entre 1925 e 1975 seguindo o estilo das vilas italianas, e hoxe é propiedade dunha causa benéfica.

A vila está localizada no concello de Penrhyndeudraeth, no estuario do Río Dwyryd, a 2 km ó sueste de Porthmadog, e a 1 km da estación de tren de Minffordd. Portmeirion serviu como localización de numerosos filmes e series de televisión, sendo coñecida por ser escenario de "The Village" no programa de televisión de 1960 The Prisoner.

Malia as abondosas opinións que din que o lugar está baseado na vila de Portofino, en Italia, o creador de Portmeirion, Sir Clough Williams-Ellis, rexeita a atribución directa, afirmando que nada máis quixo facer homenaxe á atmosfera do Mediterráneo. Porén, nunhas declaracións, aludiu ó porto italiano dicindo:

Como non me había namorar de Portofino? A súa imaxe quedou en min coma un exemplo practicamente perfecto de embelecemento humano e uso dun lugar exquisito...
Sir Clough Williams-Ellis

Williams-Ellis deseñou e construíu a vila entre 1925 e 1975. Empregou anacos das demolicións doutros edificios, algúns dos cales, feitos por outros arquitectos distinguidos. Esta arquitectura de bricolaxe e a súa nostalxia deliberada contribuíron ó desenvolvemento do posmodernismo na arquitectura de finais de século XX.

Vista panorámica de Portmeirion

O corpo principal do hotel e das casiñas chamadas White Horses, Mermaid e The Salutation[nota 1] formaron parte dun gran terreo de nome Aber Iâ (galés, Estuario de Xeo), de mediados dos anos 1850, nunha zona onde houbo unha fundición e uns pequenos estaleiros. O arquitecto, Williams-Ellis cambiou o nome da zona polo de Portmeirion —porto por estar na costa, Meirion polo condado de Mirionnydd, onde se situaba daquela.[1]

No ano 1931, Williams-Ellis mercoulle ó seu tío, Sir Osmund Williams, a mansión vitoriana "Castelo Deudraeth" coa intención de incorporala ó complexo hoteleiro de Portmeirion, pero non puido facelo por mor da segunda guerra mundial. Williams-Ellis considerou sempre que o castelo era o edificio máis grande e maxestoso da Propiedade Portmeirion, e encargouse de adquirilo. Finalmente, con subvenciones da fundación cultural da lotaría británica[nota 2], o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e a oficina de turismo de Gales, o castelo Deudraeth abriu no 2001 coma un hotel, con 11 habitacións e restaurante.

  1. ↑ Cabalos brancos, Serea e O saúdo.
  2. ↑ Heritage Lottery Fund
  1. ↑ Portmeirion en BBC Wales Documentary, 2006

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]