Powys é unha autoridade unitaria de Gales (Reino Unido), e tamén un condado preservado.[1][2] Foi establecido pola división administrativa o 1 de abril de 1974. Foi formado polos antigos condados de Montgomeryshire e Radnorshire, engadido á maioría do condado de Brecknockshire e un pouco do antigo Denbighshire. As súas fronteiras correspóndense aproximadamentre coas do reino de Powys medieval. É o único condado preservado que non se dividiu en 1994, e tamén o máis grande no país.[3]
Como condado preservado, limita ao norte con Clwyd, ao noroeste con Gwynedd, ao oeste con Dyfed, ao suroeste con Glamorgan do Oeste, ao sur con Mid Glamorgan e ao sueste con Gwent. Coas novas áreas principais, ten fronteiras ao norte con Wrexham County Borough e Denbighshire, ao noroeste con Gwynedd , ao oeste con Ceredigion e Carmarthenshire, ao sur con Neath-Port Talbot, Merthyr Tydfil, Caerphilly e Blaenau Gwent, e ao sueste con Monmouthshire. Limita tamén cos condados ingleses de Shropshire e Herefordshire.
A capital de Powys é Llandrindod Wells, pero a súa localidade máis grande é Y Drenewidd (Newtown). A poboación en Powys foi estimada en 2010 como 131.000. A densidade de 25 por quilómetro cadro é a máis pequena en Gales. O 30,1% de Powys pode falar, escribir ou ler o idioma galés.
Boa parte do condado é montañoso e por iso é difícil conducir do norte ao sur. O río Severn, o máis longo do Reino Unido, empeza no condado veciño de Ceredigion e discorre nunhas localidades de Powys: Llanidloes, Caersws, Y Drenewidd - Newtown e Welshpool. O río Wye, o quinto río máis longo, corre en Rhayader e Builth Wells, e Hai on Wye leva o seu nome. O décimo sexto río máis longo do Estado, o río Teme, empeza en Powys e corre en Knighton. Máis ao sur hai o río Usk en Brecon. Algúns dos ríos teñen encoros para fornecer enerxía a unhas cidades grandes en Inglaterra do oeste e Gales do sur. O único parque nacional en Powys é Brecon Beacons no sur.
O escudo do condado é principalmente negro (polas Y Mynyddoedd Duon, as Black Mountains) e ouro (simboliza minería e a riqueza do condado). Hai tres fontes, que significan os ríos e lagos. Arriba do escudo hai unha torre negra que significa a historia militar de Powys. Un miñato ten losanges (◊ rombos heráldicos) que significan minería de carbón, e unha peza de la dourada que significa cría de ovellas. O lema Powys Paradwys Cymru significa Powys, Paraíso de Gales en galés.[4][5]
Llandrindod Wells é a quinta localidade máis grande de Powys, pero é a capital.Castelo de PowysEsta pedra na vila de Cilmeri é un monumento a Llywelyn o Último (último rei do Gales independente).
Y Drenewidd (Newtown) e Llanllwchaiarn: 10.783 [7]