Protopunk
| Protopunk | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Protopunk (ou proto-punk) é un termo usado de xeito restrospectivo para describir un feixe de músicos, particularmente aristas rock dos anos 60 e principios dos 70,[1][2] que foron importantes precursores do punk rock a mediados dos 70 e posteriormente, ou aqueles que foron citados polos primeiros músicos punk como influencias. Normalmente esas bandas non se consideran a si mesmas punk. Ademais, esta categorización non naceu como resultado dun xénero musical distinto, xa que eses precursores procedían dun abano bastante amplo de estilos, pero xuntos anticiparon moitos dos atributos musicais e temáticos do punk.[2]
Artistas estadounidenses coma The Velvet Underground, MC5, The Stooges, The Sonics, New York Dolls, Lou Reed, Television, Captain Beefheart, Patti Smith, Richard Hell e Rocket from the Tombs, e británicos coma David Bowie, The Kinks, The Who, Roxy Music, Doctors of Madness e Hawkwind son comunmente citados coma as máis destacadas influencias no punk rock.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo proto-punk recibiu distintas definicións por parte de diversos autores e publicacións. No seu ensaio Protopunk: the Garage Bands, o crítico musical Lester Bangs aplicou o termo tanto a artistas de garage rock dos 60 como á versión de "La Bamba" de Ritchie Valens de 1958.[1]
Porén, en 2010, os autores Lars J. Kristiansen, Joseph R. Blaney, Philip J. Chidester e Brent K. Simonds definiron no seu libro Screaming for Change: Articulating a Unifying Philosophy of Punk Rock o "proto-punk" como un fenómeno que xurdiu tras a vaga de garage rock de mediados dos anos 60, e referíndose especificamente a grupos que foron inspirados por artistas de Detroit como The Stooges e MC5, cun son que posteriormente se estendeu polo Reino Unido, Nova York, Australia e Cleveland, Ohio:[3]
Aínda que Velvet Underground funcionou como unha importante influencia, o proto-punk é un termo empregado principalmente para describir as bandas que xurdiron a rebufo da primeira vaga do garage rock. En concreto, é unha etiqueta normalmente reservada para bandas como MC5 e The Stooges que saíron de Detroit, Michigan, e zonas próximas.
O libro engade tamén que "aínda que é principalmente un fenómeno estadounidense, o proto-punk tamén pode atoparse no Reino Unido. Porén, no Reino Unido recibiu diferentes nomes e coñécese comunmente como glam rock ou como pub rock".[3]
AllMusic definiu o proto-punk como "un movemento que nunca foi cohesivo" e que tiña "unha certa sensibilidade provocadora que non encaixaba na contracultura dominante da época", combinada na maioría dos casos cun son que era "primitivo e despoxado, aínda cando no resultaba agresivo, e cuha produción que adoitaba a ser igual de pouco refinada".[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Bangs, Lester (1981). "Protopunk: The Garage Bands". In Anthony De Curtis; James Henke (eds.). The Rolling Stone Illustrated History of Rock & Roll (Second ed.). Picador Books. pp. 357-361. ISBN 0-679-73728-6
- 1 2 3 "Proto-Punk Music Subgenre Overview". AllMusic (en inglés). Consultado o 2026-10-06.
- 1 2 Kristiansen, Lars J.; Blaney, Joseph R.; Simonds, Brent K.; Chidester, Philip J. (2010). Screaming for Change: Articulating a Unifying Philosophy of Punk Rock. Lexington Books. p. 11