Saltar ao contido

Ptilopachus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ptilopachus
 Nome taxon
    Ptilopachus Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeGalliformes
FamiliaOdontophoridae
XéneroPtilopachus Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0g9ydlv Editar o valor en Wikidata
ITIS176047 Editar o valor en Wikidata
OTT867024 Editar o valor en Wikidata
EOL35824 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Ptilopachus é un xénero de aves da orde dos galiformes e familia dos odontofóridos, hoxe clasificado na subfamilia monotípica dos odontoforinos.

Comprende dúas especies africanas (mentres que as outras 32 especies da familia son propias do Novo Mundo).

Características

[editar | editar a fonte]

Ambas as especies son relativamente pequenas, dunha lonxitude aproximada duns 25 cm, de hábitos terrestres e aparencia de paspallases, caracterizadas por presentaren un anel ocular vermello e a base do bico, as patas e a plumaxe das partes superiores apardazadas.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente estas dúas especies situábanse na familia dos fasiánidos, subfamilia dos perdicinos, pero agora sábese, por evidencias xenéticas, que están máis relacionados cos paspallases do Novo Mundo.[2][3][4]

Do mesmo xeito, tradicionalmente, só a especie Ptilopachus petrosus se incluía no xénero,[5][6] pero en base ás evidencias xenéticas agora tamén se inclúe a chamada perdiz de Nahan, Ptilopachus nahani, que anteriormente se consideraba un francolín.[1][7]

Estes estudos tamén conclúen que este xénero está máis estreitamente relacionado cos paspallás do Novo Mundo (odontofóridos) e podería considerarse o seu único representante en África, pero algúns taxonomistas aínda a inclúen nos fasiánidos. (Cómpre dicir que a EOL inclúe as dúas especies nos odontofóridos).[8]

Recentemente (2013) o xénero foi reclasificado por Bowie et al. dentro da familia dos odontofóridos, creando para el unha nova subfamilia, a dos ptilopaquinos (Ptilopachinae), diferenciada da dos odontoforinos (Odontophorinae), que engloba ás 32 especies de paspallases do Novo Mundo.[9]

  1. 1 2 McGowan, P. J. K. (1994): "Francolins (genus Francolinus)". En: del Hoyo, J.; Elliott, A. & Sargatal, J., eds. (1994): Handbook of the Birds of the World. Vol. 2. New World Vultures to Guineafowl. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6, pp.489-504.
  2. ↑ Crowe, T. M.; Bowie, R. C. K.; Bloomer, P.; Mandiwana, T. G.; Hedderson, T. A. J.; Randi, E.; Pereira, S. & Wakeling, J. (2006): "Phylogenetics, biogeography and classification of, and character evolution in, gamebirds (Aves: Galliformes): Effects of character exclusion, data partitioning and missing data". Cladistics 22: 495-532.
  3. ↑ Crowe, T. (2010): "Phylogenetic affinities of enigmatic African galliforms: the Stone Partridge Ptilopachus petrosus and Latham's and Nahan's 'Francolins' Francolinus lathami and F. nahani. Cladistics 26: 206-206.
  4. ↑ Gill, F. & Donsker, D., eds. (2010): [[[[Consello Ornitolóxioco Internacional|IOC World Bird Names. Versión 9.1 (2019). Consultada o 1 de febreiro de 2019.
  5. ↑ Ptilopachus petrosus (Gmelin, 1789) no ITIS.
  6. ↑ Ptilopachus. Stone partridge na ADW.
  7. ↑ Francolinus nahani Dubois, 1905 no ITIS.
  8. ↑ Ptilopachus Swainson 1837 na EOL.
  9. ↑ Bowie, Rauri C. K., Callan Cohen & Timothy M. Crowe (2013): "Ptilopachinae: a new subfamily of the Odontophoridae (Aves: Galliformes)". Zootaxa 3670 (1): 97-98.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • del Hoyo, J.; Elliot, A. & Sargatal, J. (1994): "New World Vultures to Guineafowl". En Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]