Explorer 45
| Explorer 45 | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Explorer 45, tamén coñecido como S-Cubed A e SSS-A, foi un satélite artificial pertencente ao programa Explorer da NASA lanzado o 15 de novembro de 1971 mediante o último foguete Scout B desde a Plataforma de Lanzamento San Marco para estudar a magnetosfera terrestre.[1][2][3][4]
Características
[editar | editar a fonte]Explorer 45 foi deseñado para estudar as características e orixe das correntes que rodean á Terra, as tormentas magnéticas e a relación entre tormentas, subtormentas e a aceleración das partículas cargadas na magnetosfera interior. O satélite medía as enerxías e dirección dos protóns, electróns e partículas alfa, así como campo magnético. As comunicacións con terra tiñan lugar mediante catro antenas dipolo separadas 90 graos entre si e situadas na superficie do satélite e grazas a dous transmisores, un dixital a 446 bps e outro dixital e analóxico funcionando a entre 30 Hz e 10 kHz. A alimentación eléctrica corría a cargo de células solares na superficie do satélite e unha batería recargable. O satélite estabilizábase mediante xiro a 7 r.p.m., co eixo de xiro situado no plano orbital (á súa vez case no plano ecuatorial da Terra). Explorer 45 foi apagado o 30 de setembro de 1974, tras case 3 anos de funcionamento. Había planificados tres satélites máis que o sucederían, pero foron cancelados.[2][3][4]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]O satélite levaba os seguintes instrumentos a bordo:[2][3][4]
- Multiplicadores de electróns en canal con analizadores electrostáticos.
- Telescopio de estado sólido para protóns e partículas alfa.
- Detectores de estado sólido.
- Magnetómetros de porta de fluxo.
- Magnetómetro de busca de bobina.
- Medidores de campo eléctrico de corrente continua e corrente alterna.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Letter dated 11 February 1972 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (72-03818). 17 de febreiro de 1972: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2017. Consultado o 15 de decembro de 2017.
- 1 2 3 NASA (23 de agosto de 2016). "S-Cubed A" (en inglés). Consultado o 15 de decembro de 2017.
- 1 2 3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: SSS A" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2017. Consultado o 15 de decembro de 2017.
- 1 2 3 Mark Wade (2011). "SSS" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2018. Consultado o 15 de decembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Explorer 45 |