STS-28
| STS-28 | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||||
STS-28 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 8 de agosto de 1989 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[1][2][3][4]
Características
[editar | editar a fonte]STS-28, con cinco astronautas a bordo, todos militares, foi lanzada para poñer en órbita dous satélites militares clasificados. A tripulación estaba formada polo comandante Brewster H. Shaw, o piloto Richard N. Richards e os especialistas de misión James C. Adamson, David C. Leestma e Mark N. Brown.[2][3][4][5]
Este foi o primeiro voo do Columbia despois de ser sometido a unha revisión e mellora dos seus sistemas. Foi a cuarta misión adicada a cargas clasificadas do Departamento de Defensa. Como misión secundaria a tripulación levou a cabo investigacións biomédicas. O transbordador regresou a terra sen incidentes na Base Edwards da Forza Aérea o 13 de agosto de 1989.[2][3][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Note verbale dated 19 December 1989 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (90-00231). 3 de xaneiro de 1990: 15. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- 1 2 3 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 28" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- 1 2 3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- 1 2 3 Mark Wade (2011). "STS-28" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- 1 2 NASA (6 de outubro de 2020). "STS-28" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2021. Consultado o 8 de novembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-28 |