Saltar ao contido

STS-80

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-80
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Nave
 Tipo de órbita
 Tipo de órbita
Implicados
 Operador/a
Datas
 Lanzamento
19 de novembro de 1996 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Lugar de saída
Cifras e dimensións
 Masa
   13.006 kg carga útil Editar o valor en Wikidata
 Duración
   1.525.998 s Editar o valor en Wikidata
 Apoapse
   375 km Editar o valor en Wikidata
 Periastro
   318 km Editar o valor en Wikidata
 Inclinación orbital
   28,45 ° Editar o valor en Wikidata
 Período orbital
   91,5 min Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02lr48 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

STS-80 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 19 de novembro de 1996 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[1][2][3][4]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-80, con cinco astronautas (Kenneth D. Cockrell, Kent Rominger, Tamara E. Jernigan, Thomas D. Jones e Story Musgrave) a bordo, foi lanzada para despregar o observatorio astronómico ORFEUS-SPAS-II e o escudo WSF-3 para crear un ultrabaleiro no espazo. A tripulación fixo tamén outros experimentos a bordo do Columbia e canceláronse dous paseos espaciais por problemas coa esclusa de saída.[2][3][4][5]

ORFEUS foi liberado no primeiro día do transbordador en órbita e pasou cerca de dúas semanas en voo independente antes de ser recuperado. Levaba tres instrumentos a bordo para estudar o ceo no ultravioleta. WSF-3 foi despregado no cuarto día de voo. Cos seus 4 m de diámetro, funcionou case sen problemas, creando un ultrabaleiro no que se crearon sete películas semicondutoras. Foi recuperado aos tres días de voo.[2][3][4][5]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 7 de decembro de 1996.[2][3][4][5]

  1. ↑ "Note verbale dated 30 June 1997 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (97-25680T). 31 de xullo de 1997: 2. Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 3 4 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 80" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  4. 1 2 3 4 Mark Wade (2011). "STS-80" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  5. 1 2 3 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-80" (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]