STS-82
| STS-82 | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||||
STS-82 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 11 de febreiro de 1997 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[1][2][3][4]
Características
[editar | editar a fonte]STS-82, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para reparar e dar servizo ao telescopio espacial Hubble na segunda misión deste tipo despois da STS-61. Durante a misión a tripulación, formada polo comandante Kenneth D. Bowersox, o piloto Scott J. Horowitz e os especialistas de misión Mark C. Lee, Steven A. Hawley, Gregory J. Harbaugh, Steven L. Smith e Joseph R. Tanner, substituíu un sensor de guiado fino do telescopio, cambiou unha das grabadoras de datos en cinta por unha grabadora de estado sólido e cambiou dous dos instrumentos orixinais (o GHRS e o FOS) por outros dous novos (STIS e NICMOS). Durante a misión fixéronse un total de cinco actividades extravehiculares.[2][3][4][5]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 21 de febreiro de 1997.[2][3][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Note verbale dated 22 December 1997 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (98-50276(E)). 19 de xaneiro de 1998: 15. Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 82" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 Mark Wade (2011). "STS-82" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- 1 2 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-82" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-82 |