A cidade ten dous núcleos principais: o centro histórico ou Sagunto-Cidade, situado ao pé do castelo e do teatro romano, e o Porto de Sagunto, a 5 quilómetros do centro histórico. O termo municipal ten 73.031 habitantes (INE 2025) repartidos entre estes 5 quilómetros que separan a praia do antigo castelo romano, vivindo a maioría deles (preto de 35.000) no Porto.
O municipio e a cabeceira da comarca do Camp de Morvedre. Situado á beira do río Palància que, despois de bordear o casco da cidade, desemboca nun aluvial, máis propiamente que un verdadeiro delta, posto que a súa pendente é de 5,7 por mil nos últimos 4km, superior ao normal dos deltas.
A costa é baixa e areosa, cuberta de dunas. A súa vexetación clímax pódese dar hoxe por desaparecida e houbo de estar dominada pola aciñeira. Na actualidade hai algunhas fragas de piñeiros nas montañas máis pretas ao mar Mediterráneo. Entre as especies, as que máis abondan son o romeu e a almecegueira. O medio climático é mediterráneo.
Sagunto ten 65.821 habitantes en 2008, sendo a cuarta cidade da provincia de Valencia por poboación. O seu peso demográfico débese á instalación de importantes industrias siderúrxicas na súa costa a principios do século XX, formando o núcleo urbano actual do Porto de Sagunto.
No núcleo histórico de Sagunto é común o uso do valenciano, mentres que no Porto, onde habita a maior parte da poboación, o castelán é a lingua predominante.
A súa economía está baseada principalmente na industria siderúrxica e na exportación de agres. Dentro do chan cultivado temos de secan alfarrobeiras, oliveiras e algunhas vides e amendoeiras e entre o regadío temos a laranxeira e outras árbores froiteiras. Até o século XIX foi unha poboación esencialmente vinícola, exportando viños e augardentes a Francia: trala destrución dos viñedos pola filoxera nos inicios deste século e a conversión do secan en regadío, os viñedos foron substituídos polos agres.
A actividade pesqueira comezou coa construción do porto pesqueiro. A industrialización produciuse no século XX. A principios deste século comezou a exportación de mineral de ferro de Ojos Negros (Teruel) a parte das fábricas de augardentes, fariña e tecedores de lenzos comúns de fíos.
En Sagunto existen dous clubs de balonmán de importante nivel e prestixio, o Balonmano Sagunto feminino, que se atopa na máxima división estatal e disputa os seus partidos no pavillón Rene Marigil; e o Alser Balonmano Porto Sagunto, que nestes momentos atópase en Primeira División Nacional, e disputa os seus encontros no Pavillón Municipal de Sagunto. Existen tres clubs de fútbol, dous no núcleo histórico, Atlético Saguntino e Fútbol Base Sagunto, e outros 2 no Porto, Cidade o Porto C.F. (2ª rexional) e C.D. Aceiro, que pese a aglutinar a moitos deportistas nas súas respectivas estruturas, os seus primeiros equipos atópanse en categorías rexionais. Así mesmo tamén hai dous clubs de baloncesto, o Bàsquet Sagunt, que nos últimos tempos está collendo grande interese no municipio debido aos seus constantes ascensos de categoría, e o C.B. Puerto do núcleo do Porto. A nivel de deportes de equipo tamén hai clubs de voleibol, o Stella Maris e fútbol sala, o C.D. Ibérico. Por outra banda tamén hai clubs de atletismo, xadrez, ximnasia, loita, natación, tenis de mesa, judo, e practicamente de case todas as categorías deportivas existentes, que representan o nome da cidade a nivel rexional, nacional, e ata nalgúns casos internacional, caso do Balonmano Sagunto, representantes do club de loita Ares que disputan competicións internacionais, ou de importantes atletas locais como Sandra Jiménez.