Saltar ao contido

Sestercio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sestercio
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Epónimo
2.5 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
 Material / ingrediente
prata (Ag)
bronce (Cu·Sn)
latón Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
211 a. C. Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Cifras e dimensións
 Prezo
2,5
0,5
30
0,25 Editar o valor en Wikidata
 Masa
1,1 g
27,3 g Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01rh6c Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Anverso e reverso dun sestercio de Caracalla.

O sestercio (sestertius, en latín) era unha antiga moeda romana. No período histórico da República era unha pequena moeda de prata, converténdose nunha moeda grande de bronce durante o Imperio (mais máis tarde volveuse cuñar nunha dobre serie de bronce e latón de 54,5 e 27,2 gramos respectivamente).[1][2]

O nome provén das palabras latinas semis ("medio") e tres ("tres"), isto é, "medio terceiro", xa que valía dous ases e medio. Adoitaba ir marcado coas letras LLS (duae librae et semis, "dúas libras e medio ás"), rememorando as libras, ou tamén con I·IS ou HS.[3][4]

Sestercio coa efixie de Vitelio.

O sestercio foi creado cara ao 211 a. C. como unha pequena moeda de prata que valía un cuarto de denario e, polo tanto, unha centésima parte dun áureo). Cando o valor do denario foi reaxustado a 16 ases, o sestercio tamén sufriu un reaxuste, pasando a valer 4 ases (mantendo, polo tanto a paridade equivalente a un cuarto de denario.[5]

Forma parte do novo sistema monetario introducido no ano 212 a. C. que substituíu o cobre como patrón monetario baseado no ás. Este novo sistema monetario estaba formado ademais do sestercio, polo denario, polo quinario e polo ás, co seguinte cadro de equivalencias:

Equivalencias entre moedas romanas
DenarioQuinarioSestercio ÁsMetal
Denario (símbolo X) 12410Prata
Quinario (símbolo V) 1/2125Prata
Sestercio (símbolo IIS) 1/41/212,5Prata
Ás (símbolo I) 1/101/52/51Bronce
Dobre sestercio de Traxano Decio (249-251).

No 23 a.C., a reforma monetaria de Augusto transformou o sestercio nunha moeda grande de bronce; do mesmo xeito que o dupondio, estaba feito cunha liga dourada chamada oricalco. O salario medio dun obreiro da época podía oscilar entre os 700 e os 2.000 sestercios ao ano. Circulou ata mediados do século III d.C.[6]

Xa cara ao final do Imperio, no marco da forte desvalorización da moeda producida no século III, apareceu no seu lugar, con escaso éxito, o dobre sestercio, que foi emitido durante os reinados de Traxano Decio (249-251), pola súa esposa Herenia Etruscila (249-251) e por Póstumo (259-268).[7][8]

  1. ↑ "Sestercio" no DRAG e no Portal das Palabras.
  2. ↑ Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Sestercio (1)".
  3. ↑ "Sestertius". En Algunos tipos de monedas antiguas Arquivado 04 de xullo de 2018 en Wayback Machine..
  4. ↑ "Sestertius". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly.
  5. ↑ "Fractions of the denarius: sestertius Arquivado 22 de setembro de 2021 en Wayback Machine.". En Roman bronze coins. www.moneta-romanae.com
  6. ↑ "Sestercio". En Algunos tipos de monedas antiguas Arquivado 04 de xullo de 2018 en Wayback Machine..
  7. ↑ "Doble sestercio". En Algunos tipos de monedas antiguas Arquivado 04 de xullo de 2018 en Wayback Machine.. www.tesorillo.com.
  8. ↑ Vagi, David L. (2001). "Double sestertius".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]