Nun prazo de cinco anos, o Sol apagarase, e con el extinguirase a raza humana. A última esperanza dos homes é o Icarus II, unha nave espacial tripulada por seis homes e dúas mulleres, cuxa misión consiste en levar unha xigantesca carga explosiva que insuflaría nova vida á estrela e permitiríalle volver brillar, salvándose así a poboación da Terra. O problema é que a nave Icarus I xa tentara levar a cabo a mesma misión sete anos antes e fracasou por razóns descoñecidas.
Chipo Chung como a voz de Icarus, o ordenador de abordo do Icarus II posúe unha interface de comunicación cunha linguaxe natural, podendo contestar a preguntas, recibir ordes e actualizacións de estado e avisos verbalmente, como se estivesen falando cun ser humano.
Mark Strong como Pinbacker. O capitán tolo do Icarus I, a primeira nave que foi enviada a reiniciar o Sol.