Saltar ao contido

Tesis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tesis
 Título
    Tesis (es) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Lingua orixinal
 Cor
Implicados
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Deseñador/a son
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
1996 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
   125 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Fontes e ligazóns
ISAN0000-0000-5764-0000-M-0000-0000-8 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04nl2x Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
83% Rotten Tomatoes (31 de outubro de 2024)
6.8/10 Rotten Tomatoes (7 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0117883 Filmaffinity: 531662 Allocine: 15503 Rottentomatoes: m/thesis Allmovie: v136126 TCM: 524312 Netlix: 60000287 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Tesis é o filme español dirixido por Alejandro Amenábar que se estreou no ano 1996. Está protagonizada por Ana Torrent, Fele Martínez e Eduardo Noriega. É a primeira longametraxe de Amenábar. A súa distribuidora é United Universal Pictures e CIA.S.R.C[1] e baséase no guión orixinal de Amenábar sobre un asasinato nunha universidade. Tesis estreouse na sección Panorama do Festival de Berlín e gañou o Premio do Público do Festival de Annecy.[2]

Cun notable éxito de crítica e público, o filme foi rodado mentres Amenábar aínda estaba a estudar na Universidade Complutense de Madrid.[3] Obtivo varios premios, entre eles sete Premios Goya nos que salienta os de mellor película, mellor guión orixinal e mellor director novel.[4]

Ángela (Ana Torrent) é unha estudante de imaxe que prepara a súa tese sobre a violencia audiovisual,[5] cara á que non pode evitar sentir certa atracción. A partir de aí, chegará a descubrir o mundo das snuff movies e ata a involucrarse nel máis do que ela desexara.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
CategoríaPersoaResultado
Mellor películaGañadora
Mellor dirección novelAlejandro AmenábarGañador
Mellor actrizAna TorrentCandidata
Mellor actor revelaciónFele MartínezGañador
Mellor guión orixinalAlejandro AmenábarGañador
Mellor dirección de produciónCarlos BernasesGañador
Mellor montaxeMª Elena Sainz de RozasGañadora
Mellor sonDaniel Goldstein, Ricardo Steinberg, Afonso PinoGañadores

Produción

[editar | editar a fonte]

Está rodada, en parte, na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid na que estudou Amenábar. A rodaxe tivo que facerse no mes de agosto, cando estas instalacións quedaban baleiras.

  1. ↑ "Ministerio de educación y cultura." (PDF). Consultado o 18 de maio de 2022.
  2. ↑ "El Correo. Peródico.". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2021. Consultado o 18 de maio de 2022.
  3. ↑ "Tesis (1996) - IMDB". imdb.com.
  4. ↑ "Tesis (Alejandro Amenábar, 1996) | Sombras de Luna". Consultado o 2021-05-21.
  5. ↑ "Filmoteca de Extremadura. Sinopsis e información.". 27 de maio de 2022.