Saltar ao contido

Uxmal

Uxmal
 Nome orixinal
    Uxmal (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Cultura
 Situación patrimonial
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Superficie
Fontes e ligazóns
VIAF241858926 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/017xs7 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Uxmal era unha antiga cidade maia localizada a 78 Km ao sur de Mérida, capital do estado do Iucatán en México. Sobresae pola súa monumentalidade, sendo a segunda máis visitada do estado, despois de Chichén Itzá.

O nome Uxmal ao parecer é o topónimo do maia iucateco ox, que quere dicir "tres veces", facendo referencia a un labor que se repite. Por iso, o significado de Uxmal podería ser "construída ou ocupada tres veces"

Na zona sobresaen:

  • As estruturas do pazo do gobernador.
  • A pirámide do adiviño (con case 40 metros de altura).
  • O cuadrilátero das monxas.
  • O pombal.
  • O xogo da pelota.

A ocupación de Uxmal prodúcese no 800 a.C., segundo fragmentos de cerámica atopados na zona, até o ano 1200 cando se produciu unha repentina caída do desenvolvemento económico rexional que desembocou no abandono da cidade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]