Saltar ao contido

Vénula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vénula
venula Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
Características
 Oposto a
 Conéctase con
Códigos e identificadores
Freebase/m/02xb1x Editar o valor en Wikidata
MeSHD014699 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC12818 Editar o valor en Wikidata
TA 98A12.0.00.037
OpenAlexC2778672379 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Tipos de vasos sanguíneos, incluíndo unha vénula, vea e capilares.

Unha vénula é unha vea moi pequena que forma parte da microcirculación que permite que o sangue retorne desde a rede de capilares para drenar no sistema venoso por medio de veas cada vez máis grandes. As vénulas poscapilares son as veas máis pequenas, cun diámetro de entre 10 e 30 micrómetros (μm). Cando as veas poscapilares incrementan o seu diámetro ata os 50 μm poden incorporar músculo liso e denomínanse vénulas musculares.[1] As veas conteñen aproximadamente o 70 % do volume sanguíneo total, mentres que aproximadamente o 25 % está contido nas vénulas.[2] Moitas vénulas únense formando unha vea.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

As vénulas poscapilares teñen unha soa capa de endotelio rodeado por unha lámina basal de fibras reticulares.[3] O seu tamaño está entre 10 e 30 micrómetros de diámetro e son demasiado pequenas para conter músculo liso. En vez diso, están soportadas por pericitos que se enroscan arredor delas.[1] Cando as vénulas poscapilares incrementan o seu diámetro a 50 μm poden incorporar fibras de músculo liso e coñécense como vénulas musculares.[1] Teñen un endotelio interno composto de células endoteliais escamosas que actúan como unha membrana, unha capa media de músculo liso e tecido elástico e unha capa externa de tecido conectivo fibroso. A capa media está pouco desenvolvida de maneira que as vénulas teñen paredes máis finas que as arteriolas. As fibras musculares lisas están separadas, pero conforme a vénula aumenta de tamaño dispóñense máis apertadamente e nas veas pequenas de 200 μm xa forman unha capa case continua.[3] As vénulas son porosas, de modo que o líquido do plasma e as células sanguíneas poden moverse facilmente desde o torrente circulatorio atravesando as súas paredes, xa que non todo o intercambio entre o sangue e os tecidos ten lugar nos capilares.[3] Comparadas coas arteriolas, as vénulas son máis grandes pero cunha cobertura muscular moito máis débil.

As vénulas portais curtas que conectan os lobos da pituitaria posterior (neurohipófise) e a anterior (adenohipófise) proporcionan un camiño para o rápido intercambio hormonal por vía sanguínea.[4] Entre os lobos da pituitaria hai probas anatómicas de vénulas interlobo confluentes que proporcionan sangue desde o lobo anterior ao lobo neural que facilitarían compartir de forma inmediata información entre os lobos da glándula pituitaria (hipófise).[4][5][6]

En contraste coas vénulas regulares, as vénulas de endotelio alto son un tipo especial de vénula na que o endotelio está feito de células cuboides simples. Os linfocitos saen do torrente circulatorio e entran nos ganglios linfáticos a través destas vénulas especializadas cando se detecta unha infección.[7][8][9]

  1. 1 2 3 Standring, Susan (2016). Gray's anatomy : the anatomical basis of clinical practice (Forty-first ed.). [Philadelphia]. p. 131. ISBN 9780702052309.
  2. Woods, Susan (2010). Cardiac Nursing. New York: Lippincotts. pp. 955. ISBN 9780781792806.
  3. 1 2 3 D. W. Fawcett. Tratado de Histología. 11ªed. Interamericana-McGrow Hill. Madrid. 1987. Páxinas 394-395. ISBN 84-7605-361-4.
  4. 1 2 Gross, PM; Joneja, MG; Pang, JJ; Polischuk, TM; Shaver, SW; Wainman, DS (1993). "Topography of short portal vessels in the rat pituitary gland: A scanning electron-microscopic and morphometric study of corrosion cast replicas". Cell and Tissue Research 272 (1): 79–88. PMID 8481959. doi:10.1007/bf00323573.
  5. Shaver, SW; Pang, JJ; Wainman, DS; Wall, KM; Gross, PM (1992). "Morphology and function of capillary networks in subregions of the rat tuber cinereum". Cell and Tissue Research 267 (3): 437–48. PMID 1571958. doi:10.1007/bf00319366.
  6. Ciofi, P; Garret, M; Lapirot, O; Lafon, P; Loyens, A; Prévot, V; Levine, J. E. (2009). "Brain-endocrine interactions: A microvascular route in the mediobasal hypothalamus". Endocrinology 150 (12): 5509–19. PMC 2819742. PMID 19837874. doi:10.1210/en.2009-0584.
  7. Blanchard L, Girard JP (novembro de 2021). "High endothelial venules (HEVs) in immunity, inflammation and cancer". Angiogenesis 24 (4): 719–753. PMC 8487881. PMID 33956259. doi:10.1007/s10456-021-09792-8.
  8. Kuby, Janis; Kindt, Thomas J.; Goldsby, Richard A.; Osborne, Barbara A. (2007). Kuby Immunology. Nova York: W.H. Freeman. ISBN 978-1-4292-0211-4. Table 14-1
  9. Rapini, Ronald P.; Bolognia, Jean L.; Jorizzo, Joseph L. (2007). Dermatology: 2-Volume Set. St. Louis: Mosby. p. 73. ISBN 978-1-4160-2999-1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]