Os fillos do xa ou da xabanu son os sahzada (termo derivado de shahzada, "fillo do xa" ou "príncipe"). Shahpur os varóns e Shahdojt as mulleres.[Cómpre referencia]
En Irán (e na rexión do Gran Irán) o título empregouse continuamente; en lugar de rei no sentido europeo, cada gobernante iraniano considerábase a si mesmo como o Shahan shah (en persa: شاهنشاه, romanizado: Šāhanšāh, "rei de reis") ou Padi shah (en persa: پادشاه, romanizado: Pādešāh, "rei mestre") do Imperio persa.
↑Siddiq, Mohammad Yusuf (Primavera–Verán 2015). "Titles and Islamic Culture as Reflected in the Islamic Architectural Inscriptions of Bengal (1205–1707)". Islamic Studies54 (1/2): 50–51. JSTOR44629923. Shāh ... [un] título persa, ... ás veces en diferentes formas compostas, como Bādshāh ou Pādshāh ... significa monarca, que se converteu en parte do vocabulario popular ao longo dos anos en varias linguas do sur de Asia, incluíndo o bengalí, o urdú e o hindi, ademais das linguas das rexións limítrofes. O último rei afgán Zāhīr Shāh, por exemplo, adoitaba ser chamado "Bādshāh" até o seu destronamento en 1973. Usado por todos os emperadores mogois da India, o título tamén apareceu nalgunhas inscricións do sultanato de Bengala. (traducido)