Saltar ao contido

conciliar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

conciliar1

  • Pronuncia: /kon.θiˈljaɾ/ ou /kon.siˈljaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

conciliar

  1. Poñer en harmonía cousas, intereses, calidades, posturas ou tendencias que se manifestan como diferentes, contrarias ou difíciles de combinar.
  2. Facer que dúas ou máis persoas, grupos ou partes se poñan de acordo ou deixen de estar enfrontadas.
  3. Facer que alguén obteña, gañe ou consiga algo, especialmente favor, simpatía, apoio ou boa disposición.


Verbo pronominal

conciliarse

  1. Poñerse en harmonía cousas, posturas, intereses ou tendencias que se manifestaban como diferentes, contrarias ou difíciles de combinar.
  2. Poñerse de acordo dúas ou máis persoas, grupos ou partes que estaban enfrontadas.
  3. Volver ser amiga unha persoa doutra ou doutras coas que deixara de selo.

Locución verbal

conciliar o sono

  1. Comezar a durmir.

Observacións

Expresións relacionadas

Termos relacionados

Traducións

Conxugación


Referencias

conciliar2

  • Pronuncia: /kon.θiˈljaɾ/ ou /kon.siˈljaɾ/ (AFI)

Adxectivo

conciliar (sg: conciliar; pl: conciliares)

  1. Relativo ou pertencente a un concilio, emanado del ou conforme ás súas decisións.

Termos relacionados

Traducións

Referencias