trobo
Aparencia
| Grafías semellantes: Trobo |
Galego
Pronuncia: /ˈtɾɔβo̝/ (AFI)
trobo (sg: trobo; pl: trobos)
- (Apicultura) Recipiente de cortiza ou madeira, acondicionado polo home, para que as abellas o habiten e produzan o mel.
- Sinónimos: abellariza, colmea, cortizo, covo.
- Termos relacionados: alvariza, apicultura, entena.
- Por extensión, tronco do corpo humano, sen considera-la cabeza nin as extremidades. Tamén, trobo do medio.
- Sinónimos: tronco.
- Tronco de árbore, baleirado e utilizado como recipiente para lava-la roupa, pisa-las castañas, destila-la augardente ou outros usos.
Traducións
- Asturiano: truébanu (ast) (1), caxellu (ast) (1), cobu (ast) (1).
- Castelán: colmena (es).
- Francés: ruche (fr) (1)
Referencias
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega para trobo.
- «trobo» no DIGALEGO, Ir Indo.